O Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa (CIFP A Granxa) é un centro público de ensino dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Os CIFPs son centros especializados na formación profesional e integradores das distintas modalidades de formación dunha familia profesional.
O CIFP A Granxa é o centro de referencia para a formación agraria e agroalimentaria de Galicia.
O CIFP A Granxa ten a dimensión territorial necesaria (ocupa unha superficie de 150.000 m2) e dispón de todo o equipamento e infraestructura agroalimentaria precisos para impartir unha formación de calidade.