try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

MATRÍCULA CURSO 2023-24. FORMACIÓN PROFESIONAL GRAO BÁSICO

Enlace directo á matriculación:  https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

REQUISITOS DE ACCESO:

1. Alumnado en idade de escolarización obrigatoria:

O alumnado en idade de escolarización obrigatoria ten que cumprir os requisitos de acceso

establecidos no artigo 41.1 da Lei orgánica 2/2006. Polo tanto, para acceder aos ciclos

formativos de grao básico terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:

 Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.

 Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente,

ter cursado o segundo curso.

 Ter proposto o equipo docente aos pais, ás nais ou ás persoas titoras legais a

incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico, de

conformidade co indicado no artigo 30 da Lei orgánica 2/2006.

2. Alumnado en idade de escolarización non obrigatoria:

As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a

un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:

 Que fagan 17, 18 , 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia

de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.

 Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título

que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

3. Alumnado con praza garantida:

3.1. Alumnado que repite 1º curso

O alumnado que repite primeiro curso, por primeira vez no mesmo centro e ciclo, presentará

a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso

previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula

son os mesmos que para o alumnado de nova incorporación ao primeiro curso. Os centros

terán que rexistrar esta solicitude de admisión na aplicación informática de xestión do

proceso de admisión, Ciclosadmisión.

3.2. Alumnado que acade a promoción ou que repite o 2º curso

O alumnado que acade promoción a segundo curso, no mesmo centro e ciclo, ou que repite

segundo curso, por primeira vez no mesmo centro e ciclo, presentará a solicitude de

admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O prazo

de presentación desta solicitude será o mesmo que para o alumnado de nova incorporación

ao primeiro curso. A presentación da solicitude terá consideración de matrícula e permitirá

ao centro realizar o rexistro da matrícula na aplicación informática XADE.

 

Para máis información pinche no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-basico-2023-2024

Pode consultar a normativa completa para a matriculación no seguinte arquivo adxunto: