Novas

 

Criterios e procedementos de selección CS SIMA03 Mecatrónica Industrial

Baremo sobre 100 puntos

  • 25 puntos- CGS Afín a Mecatrónica industrial, Exemplo: Fabricación Mecánica, Electricidade Electrónica, Automoción, etc.
  • 15 puntos- Bachillerato
  • 5 puntos máximo- ciclo grado medio
  • 5 puntos máximo- currículo Europass
  • 25 puntos máximo- test de aptitude cara á profesión
  • 25 puntos máximo- proba de coñecementos

O día 19 ás 10,00h no Salón de actos do CIFP Ferrolterra procederase á realización do test de aptitude e da proba de coñecementos dos\as aspirantes admitidos. É imprescindible acudir provisto de bolígrafo e calculadora científica.

Navantia Ferrol e CIFP Ferrolterra.

9º Concurso de prototipos

"Digitalización y Automatización Industria 4.0"

Alumnos do Departamento de Electricidade-Electrónica, titorados pola profesora Mercedes Rodríguez Brañas, participarán no 9º concurso de prototipos “Industry automation” que organiza Siemens SCE

<<Saber máis>>

FP dual. Convocatoria. Outubro de 2016

Orde do 16 de setembro de 2016 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2016.

<<máis información>> FP dual coa empresa Navantia

<<Solicitude, anexo I>>

Calendario do procedemento :

  •     Presentación de solicitudes: do 27 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de outubro de 2016.
  •     Relación provisional de persoas solicitantes: 11 de outubro
  •     Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 13 e 14 de outubro
  •     Relación definitiva de persoas solicitantes: 17 de outubro
  •     Período de selección por parte da entidade colaboradora: ata, como máximo, o 21 de outubro
  •     Relación de persoas admitidas e en espera: unha vez rematada a selección por parte da entidade colaboradora.
  •     Matrícula: logo da publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera, dous días hábiles.

 

Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do CIFP Ferrolterra

A adxudicación para o curso 2016/2017 foi licitada a "Acuculitei Anisoara" con unha valoración total de 74 sobre 100

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria

28/06/2016 10:30
Europe/Madrid

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria D. Román Rodríguez González para firmar dous convenios de colaboración con dúas asociacións de empresarios de Ferrolterra.

Convócanse prazas de residencia

Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2016/2017

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2016 (este incluído)

Orde do 25 de maio de 2016 (DOG)

 

Procedemento de adxudicación e contratación da cafetería do Centro.

INSTRUCIÓN 4/2016, DO 30 DE MAIO DE 2016, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA.

  • A documentación necesaria a efectos de valorar a súa oferta presentarase en sobre pechado.
  • Data límite de presentación de solicitudes: 29 de xuño de 2016 ás 13:00 horas.
  • Publicación da adxudicación: 1 de xullo ás 12:00h.
  • Data de inicio do servizo da cafetería: 1 de setembro de 2016

FOLLA ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS

Para máis información contactar coa dirección do centro.

IV Congreso Galego de Voluntariado

20/05/2016 10:00
Europe/Madrid

O venres día 20 , profesores e alumnos do CFGS de Educación Infantil e de Deseño en Fabricación Mecánica do CIFP Ferrolterra participarán no IV Congreso Galego de Voluntariado

que se celebrará no C.I.S en Ferrol.

Visitan o noso centro

23/02/2016 11:30
23/02/2016 13:30
Europe/Madrid

24 alumnos de 4º da ESO do CIP San Sadurniño.