Novas

 

Prácticas primeiros auxilios para alumnado de primeiro

10/01/2018 08:30
12/01/2018 18:00
Europe/Madrid

CURSO 2017/2018

Organizadas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral

Impartidas pola Cruz Vermella de A Coruña na AP II-3 segundo o seguinte programa:

 

MÉRCORES 10 DE XANEIRO

  • 8.30 – 10.30
    • Ciclo medio de mecanizado
    • Ciclo superior de automatización e robótica industria
  • 10.45 – 12.45
    • Ciclo superior de automoción
    • Ciclo medio de carpintería e moble
  • 13.00 – 15.00
    • Ciclo superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos
    • Ciclo superior de deseño en fabricación mecánica

 

XOVES 11 DE XANEIRO

  • 08.30 – 10.30
    • Ciclo medio de electromecánica de vehículos
  • 10.45 – 12.45
    • Ciclo superior de sistemas electrotécnicos e automatizados
    • Ciclo medio de instalacións electrotécnicas e automáticas

 

VENRES 12 DE XANEIRO

  • 10.45 – 12.45
    • Ciclo superior de educación infantil
  • 13.00 – 15.00
    • Ciclo medio de instalacións de telecomunicacións
    • Ciclo medio de soldadura e caldeirería
  • 16.00 – 18.00
    • Ciclo superior de construcións metálicas
    • Ciclo medio de carrozaría

Clases de Inglés para tod@s!!!!!

O horario do curso de inglés é:

Mércores de 12 a 2 para o grupo de mañá

Mércores de 5 a 7 para o grupo de tarde

Curso de Inglés gratuito. Se alguén non se apuntou falade co coordinador de Programas Internacionais o con Vicedirección. Hai prazas. Podedes apuntaros tod@s: profes, alumnos, persoal non docente...Guiño O curso é fundamentalmente de convesación, que é no que fallamos tod@s.Ánimo que esta vez podemos co inglés!

 

Datas para o Curso de Plataformas Elevadoras 2017!!

Datas para o Curso de Plataformas Elevadoras (8h): Sesión teórica cos Riscos Específicos de plataformas elevadoras. Día 18 de Decembro de 16:00 a 20:00 no Salón de Actos do centro. É obligatoria á asistencia á parte teórica para facer a parte práctica.

Parte Práctica, en grupos reducidos distribuidos nas datas seguintes: Días 20, 21 de Decembro. De 9:30 a 18:00. Os grupos e días se coordinarán co relator ao finalizar a sesión teórica.

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro.Tamén se poden apuntar profesores. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD. O enlace para inscribirse no Curso de plataformas elevadoras é: 

https://goo.gl/forms/QWlGd7Oa1NfUgzug2

 

O custe será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección dende o día 20 ate o 24 de novembro.  Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

Datas Curso Traballos en Altura 2017!!!!

Datas para o Curso de Traballo en Altura (8h): Sesión teórica cos Riscos Específicos de traballo en altura. Día 27 de Novembro de 16:00 a 20:00 no Salón de Actos do centro. É obligatoria á asistencia á parte teórica para facer a parte práctica.

Parte Práctica, en grupos de 5 persoas distribuidos nas datas seguintes: Días 29, 30 de Novembro e 13, 14 de Decembro. De 15:30 a 21:30. Os grupos e días se coordinarán co relator ao finalizar a sesión teórica.

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro no enlace web.Tamén se poden apuntar profesores.Guiño Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD. O enlace para inscribirse no Curso de Traballos en Altura é: 

https://goo.gl/forms/PV3nDMFSlwyd6GMl1

O custe será de 25€, que deberedes formalizar en Vicedirección dende o día 20 ate o 24 de novembro.  Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

Formación Complementaria: Curso de Plataformas Elevadoras 2017/2018. Aberto o prazo de inscripción!!!!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Plataformas Elevadoras. (8 horas)

Aínda están por determinar as datas, pero intentaremos que sexa a finais de decembro de 2017. Serán duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos e outra de carácter práctico.

Tamén se poden apuntar profesores.
Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro
O custe será aproximadamente de 20€, que deberedes formalizar máis adiante, cando xa saibamos as datas exactas do curso. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular...
O enlace para inscribirse no Curso de Plataformas Elevadoras é: 

https://goo.gl/forms/QWlGd7Oa1NfUgzug2

Prazo de Validacións 2017

Aberto o prazo de Validacións ate o 6 de outubro ás 14:00h

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA MATRÍCULA

ALUMNOS DE NOVO INGRESO (réxime ordinario e modular)

Fotocopia DNI

Certificación académica do centro de procedencia ou fotocopia do libro de escolaridade onde figure a titulación esixida

Alumnos procedentes de proba de acceso presentarán fotocopia de certificado de aptitude da proba

3 Fotografías tamaño carnet (unha delas pegada na tarxeta escolar)

Resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848. Importe: 1,12€. Concepto: SEGURO ESCOLAR) 

ALUMNOS QUE XA CURSABAN CICLOS FORMATIVOS NO CENTRO (matrícula nova noutro ciclo)

Fotocopia DNI

1 Fotografías tamaño carnet

Resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848. Importe: 1,12€. Concepto: SEGURO ESCOLAR)

Tarxeta escolar do ano anterior

Os alumnos procedentes de bacaharelato ou doutro ciclo formativo deberán presentar copia de ter solicitado o título.

 

ALUMNOS QUE REPITEN CICLO FORMATIVO (e alumnos de 2º e adultos que estiveron matriculados o curso anterior)

1 Fotografías tamaño carnet

Resgardo de ter pagado o seguro escolar (Conta Novagalicia Banco: ES40-2080-0200-4730-4010-2848. Importe: 1,12€. Concepto: SEGURO ESCOLAR)

Tarxeta escolar do ano anterior

NOTA

Tódalas fotocopias que se presenten deberán acompañarse dos orixinais para ser compulsadas.

As fotografías deberán levar o nome e apelidos dos alumnos ao dorso.

A documentación xa achegada no momento de facer a reserva de praza, non é necesario entregala de novo.

PARA TODAS AS MATRÍCULAS

Cando é outra persoa a que entrega os documentos, deberá traer o seu DNI e unha autorización escrita onde figure: que se autoriza a esa persoa a entregar a matrícula

Nome e DNI da persoa que se vai matricular

 

Nome e DNI da persoa autorizada para presentar a documentación

Selección FP Dual Mecatrónica - Navantia

Achégase Listaxe de Seleccionados para FP Dual Mecatrónica e Reservas.

Recórdase que é requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 20 puntos na proba de coñecemento.

Reclamacións: 12 de xullo ate as 13:00h

Publicación de Listaxes definitivas: 13 de xullo

Matrícula: Do 14 ao 21 de xullo

Baremo Provisional FP Dual Mecatrónica 2017/2018. Data Proba Coñecemento

Achegase a baremación provisional hoxe día 7 de xullo e establécese un plazo de Reclamacións sobre a baremación en relación á documentación xa achegada coa solicitude: Días 10 e 11 de Xullo ate as 13:00h

Data da Proba de coñecemento: Martes 11 de xullo de 2017 ás 10:00

Será necesario o DNI (o similar) para poder realizar a proba.

Material necesario: Calculadora non programable, compás, transportador de ángulos, escuadra, cartabón e regla.

Recoñecementos Médicos Previos: Co obxectivo de que o persoal en prácticas teña as mesmas condicións de prevención e protección que os empleados cos que compartirán o posto de traballo/practicas, os alumnos que resulten seleccionados para cursar FP Dual en Mecatrónica terán que pasar unha calificación de aptitude médica previa á entrada nas instalacións de Navantia