Novas

 

XI Encontros de xogos tradicionais

voluntariado

 

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil do noso centro , conxuntamente co alumnado do CIFP Anxel Casal da Coruña colaboraron na organización e desenvolvemento da Undécima edición de  ENCONTROS DE XOGOS TRADICIONAIS  celebrado o sábado 27 de maio 2017 nas instalacións do CPI do Feal. organizada por BRINQUEDIA REDE GALEGA DE XOGOS TRADICIONAIS

Tanto o alumnado como os nenos e nenas  vidos de diferentes colexios de Galicia compartiron carreiras , saltos, habilidades que fixeron dos xogos tradicionais  non só un motivo de diversión senón tamén de relación, disfrutando ó maximo dunha xornada entrañable para todos os participantes

Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica

Os proxectos do noso Centro

  • Xestión e almacenamento de residuos no CIFP Ferrolterra
  • Proxecto Francobordo: adestrador de instalacións navais

premiados nos premios de innovación na FP

<<saber máis>>

 

CAMBIO DATAS CURSOS DE CARRETILLEIROS E PONTE GRÚA:

CARRETILLAS:

XOVES 29 DE XUÑO: Teoría Riscos Laborais asociados ao manexo de Carretillas de 16:00 a 20:30.

LUNS 3 e MARTES 4 DE XULLO - Práctica de manexo carretillas a partir das 9:00 todo o día. Faranse os grupos ao finalizar a sesión teórica

O custe do Curso é de 20€. Debedes pasar por Vicedirección a formalizar a matrícula e facer entrega dos cartos antes do día 23 de xuño. Non o esquenzades porque en caso de non facelo procederáse á baixa do mesmo.

Traballaredes con 4 máquinas: 2 carretillas elevadoras, 1 apiladora e 1 traspaleta eléctrica.
 

PONTE GRÚA:

VENRES 30 Xuño - Teoría Riscos Laborais asociados ao manexo dunha Ponte Grúa de 16:00 a 20:30.

Ao finalizar a sesión teórica faranse os grupos para a parte práctica. Os días da parte práctica (só estarede nun deles): A partir do MÉRCORES 5 de inclusive os días necesarios para que todos os asistentes fagan a parte práctica: Práctica de manexo da ponte grúa (de 9 a 2 por grupos). O custe do Curso é de 20€. Debedes pasar por Vicedirección a formalizar a matrícula e facer entrega dos cartos antes do día 23 de xuño. Non o esquenzades porque en caso de non facelo procederáse á baixa do mesmo.

 

Se alguen non pode vir polo cambio e xa ingresou os cartos pode pasar a recollelos.

Aberto o prazo de adxudicación e contratación da cafetería do Centro CIFP Ferrolterra!

Está aberto o prazo de adxudicación e contratación da cafetería do Centro CIFP Ferrolterra

Data límite de presentación de solicitudes: 29 de xuño de 2017 ás 13:00 horas.
Publicación da adxudicación: 3 de xullo ás 12:00h.
Data de inicio do servizo da cafetería: 1 de setembro de 2017

INSTRUCIÓN 7/2017, DO 30 DE MAIO DE 2017, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA CURSO ESCOLAR 2017-18.

A documentación necesaria a efectos de valorar a súa oferta presentarase en sobre pechado. Para máis información contactar coa dirección do centro. 

Os nosos proxectos en FPInnova 2017

10/05/2017 10:00
Europe/Madrid

O noso centro presentou no FPInnova 2017 4 proxectos e tamén unha minicaravana dentro do Proxecto Lanzadeiras. Grazas a todos os participantes!

Podedes ver nos enlaces a repercusión nos medios dos nosos proxectos na mostra:

<<Programa>>

<<En directo>>

<<Video "La Voz de Galicia">>

<<Ver no Telexornal mediodía da RTVG>>

<<Galería>>galería

 <<máis información>>

 

Sistema de desprazamento autónomo para persoas con mobilidade reducida

Modelado de pezas 3D con robot e control Siemens

Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico

Automatización dos procesos de extracción de gases nun taller de soldadura

 

Proxecto Minicaravanas dentro do Programa Lanzadeiras 

"O noso primeiro viveirista xa camiña so"

Foto

 

 

O pasado venres, 1 de marzo de 2017, rematou a súa estancia no viveiro de empresas deste centro Jonathan Sanjurjo.
O Sr. Director, D. Enrique Pazo e Jonathan Sanjurjo procederon a asinar os documentos da fin da cesión do posto de oficina que este viña ocupando. No mesmo acto fíxoselle entrega dun diploma acreditativo da súa condición de ter sido o primeiro “viveirista” do C.I.F.P. Ferrolterra.
O Director do centro, D. Enrique Pazo,  e a Coordinadora de emprendemento e titora do viveiro, Dona Carmen Ginés, deséxanlle, en nome de todos, moita sorte no seu camiño e vida profesional á cabeza da súa empresa de carpintaría "JS Carpinteros".

 

 

 

XIIl XORNADAS ENSINO EMPRESA

06/02/2017 09:00
06/02/2017 09:00
Europe/Madrid

Diptico_portada

Dia 6

Xornada ferramentas na búsqueda de emprego.
(alumnos de 2º e modular)

Dia 7

Xornada de Emprendemento (so alumnos de 2º)

Dia 8
Madeira, Moble e Cortiza

Servizos socioculturais e á Comunidade

Dia 9
Electricidade-Electrónica

Enerxía e Auga

Dia 10
Fabricación Mecánica

Transporte e Mantemento de Vehículos

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

 <<descargar diptico>>

<<descargar portada diptico>>

Proxectos de innovación no CIFP Ferrolterra

Os medios de comunicación falan dos proxectos de innovación.

PITescarcelacion

 

<<Ver nova na CRTVG>>

 

<<Ver "La Voz de Galicia" dixital>>

 

<<Ver prensa escrita "La Voz de Galicia">>

 

 

 

 

Gañadores GaliciaSkills2016

Galicia Skills2016

PremiadosGaliciaSkills2016

Dende o CIFP Ferrolterra, parabéns a todos os Gañadores e participantes GaliciaSkills2016. Unha mención distinguida para os equipos representantes do noso Centro e en especial os gañadores:

Carlos Andrés Ramallo Lestayo, primeiro premio en Enxeñaría de deseño mecánico CAD que co seu éxito representará a Galicia no campionato nacional Spainskills do 2017.
Ángela Calvo Filgueiras, segundo premio en Pintura de vehículos.

<<máis información>>

<<ver galería>>