Novas

 

Xornada formativa tecnoloxía ZWave

26/06/2018 11:00
26/06/2018 14:00
Europe/Madrid
 
A empresa Domotica Davinci, ZWave España, vai impartir unha xornada formativa no CIFP Ferrolterra aos participantes do proxecto Erasmus+ de boas prácticas 2017-1-ES01-KA202- 038313 que estamos a levar a cabo.
 
Consistirá nunhas nocións de tecnoloxía ZWave e configuración dos dispositivos que compramos para o proxecto ZWave Digital Home.
 
Invitamos a todo o profesorado de calquera centro e empresas interesadas nesta tecnoloxía que queiran a asistir á Xornada (é gratuita) (non ten certificación).
 
<<formulario de inscrición>> (prazo ata o 24 de xuño)
#ErasmusPlusES, #MiErasmusPlus, #ErasmusPlus

Información FP Dual para o curso 2018-2019

ORDE do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (data prevista de publicación en DOG o día 22.06.2018), o impreso de solicitude e un resumo dos datos principais da convocatoria: prazos, lugares para a presentación da solicitude, documentación para presentar, requisitos das persoas solicitantes e calendario do procedemento.
 
Importante:
 

  1. As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos para o curso 2018-2019 tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo ordinario de xuño-xullo. Neste caso:
  • As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e, se é o caso, poderáselle adxudicar unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.
  • As persoas que figuren como admitidas en calquera dos proxectos de formación dual na listaxe de relación de persoas admitidas e en espera publicada o día 16 de xullo, están a renunciar expresamente a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia; non serán adxudicadas e non poderán formalizar matrícula ningunha nestes réximes ou modalidades.

A selección por parte da empresa, debe comezar coa publicación da relación provisional de persoas solicitantes o día 4 de xullo. De esta forma, o período efectivo de selección por parte da empresa ou entidade colaboradora vai desde o día 4 ata o día 13 de xullo.
 
Aínda que o habitual é que non haxa diferenzas entre a listaxe provisional e definitiva, de existiren deberán terse en conta no proceso de selección:

  1. Se algunha persoa presenta unha reclamación á listaxe provisional e é incluído na listaxe definitiva, débese incluír no proceso de selección.
  2. Se algunha persoa que figuraba na listaxe provisional deixa de figurar na listaxe definitiva, débese dar de baixa no proceso de selección e non figurará na listaxe de persoas admitidas do día 13 de xullo.
  3. É importante trasladar a información sobre o procedemento e os prazos de selección á empresas ou entidades colaboradoras participantes en cada proxecto de FP dual e, desta forma, facilitar a planificación e organización dos procedementos selectivos.

<<ORDE do 14 de xuño de 2018>>

<<Oferta FP Dual CIFP Ferrolterra>>

<<Instrucións para o procedemento de admisión e matrícula>>

<<Formulario de solicitude "ANEXO I" en galego>>

<<Formulario de solicitude "ANEXO I" en castelán>>

Mellorando as aptitudes e as competencias clave na FP

 Dinamarca02Dinamarca01

 

 

 

O profesor José Enrique Teijeiro Lombardía visita Dinamarca dentro do proxecto "Mejorando las aptitudes y competencias claves en la FP"

 

Proxecto Donas de Si. Parabéns!

Acabamos de recibir dende a Secretaría Xeral de Igualdade os parabéns polo traballo que está a levar a cabo a equipa do Proxecto “Donas de Si”. Sonrisa
 
O proxecto está a traballar na erradicación dos roles de xénero nos ambitos científicos e tecnolóxicos e a dar visibilidade a referentes femininos nos ámbitos da ciencia e da tecnoloxía. Felicitan especialmente a actividade feita coa neurocientífica Susana Martínez Conde e agradécenos a proposta desta científica levada a cabo pola equipa do proxecto como candidata ao premio Maria Josefa Wonenburger Planells. 
Grazas de novo a toda a equipa do proxecto e en especial a Isabel Caamaño Maldonado e a Carmen Ginés Mayor polo estupendo traballo realizado

#CIFPFerrolterra; #FPGalicia; #Igualdade

Acadamos catro premios

para o desenvolvemento de outros tantos proxectos da innovación na FP

Parabéns e grazas a todos os profesores participantes nos proxectos presentados para o curso 2019 xa que o CIFP Ferrolterra segue a despuntar na innovación da FP, sendo o único centro de Galicia premiado en 4 proxectos e con máis de 83.000€ que suporá unha mellora en dotación para os ciclos e as familias profesionais participantes.

Un deles coresponde a Modalidade A (Innovación tecnolóxica ou científica)

  • Proxecto: Electrobicicleta de man para nenos con mobilidade reducida
    Centro colaborador: IES Illa de Sarón
    Entidade colaboradora: Alfredo Vidal Vallejo S.L. Hospital Nacional de Parapléjicos, Toledo
    Premio: 4.535,53 €

e os outros tres a Modalidade B (Didáctica)

  • Proxecto: Creación dun robot educativo. Hospital de robots
    Centro colaborador: IES Fraga do Eume - IES de Fene - IES Sofía Casanova - CEIP Recimil - CPI A Xunqueira
    Entidade colaboradora: Disomain, SLL - CFR de Ferrol - Robótica Fácil - Universitat Politécnica de Valencia - Escuela de especialidades "Antonio de Escaño"
    Premio: 26.575,64 €
  • Proxecto: Prototipo de sistema "Dish Stirling" para a conversión de enerxía solar en enerxía eléctrica
    Centro colaborador:
    Entidade colaboradora: Soluciones Metalúrgicas Gallegas, S.L. - IELEC, Industria y electricidad, S.L. - Escuela de especialidades "Antonio de Escaño"
    Premio: 26.603,11 €
  • Proxecto: Ferramenta multiúsos para operacións auxiliares de soldadura
    Centro colaborador: IES de Fene
    Entidade colaboradora: T.M. Galicia S.L. - Herramientas Ferpa S.L.
    Premio: 25.411,61 €

 <<máis información>>

 

"Mil Primaveiras para O Galego"

16/05/2018 10:45
16/05/2018 11:45
Europe/Madrid

Dende a EDNL e a equipa da Biblioteca, queremos convidarvos, a que asistades este mércores ao acto "Mil Primaveiras para O Galego", onde Antón Cortizas nos deleitará coa sua presenza e florido discurso.

Celebración do día do libro

23/04/2018 13:00
23/04/2018 13:30
Europe/Madrid
O equipo da biblioteca invita a alumnado, profesorado, persoal non docente e dirección á celebración do día do libro.
A actividade prevista consistirá na proxección dun vídeo, seguido da lectura de fragmentos de obras de varias autoras, e terá lugar no salón de actos.

 

Galicia On

Automoción_GaliciaOnGALICIA ON presenta a cultura innovadora nos sectores produtivos galegos (25/03/2018)

FP_GaliciaOn

 

GALICIA ON fala da Formación Profesional e achégase ao CIFP de Ferrolterra (01/04/2018)

 

 

 

Exposición

15/02/2018 09:00
02/03/2018 15:00
Europe/Madrid

 Entre iguais