Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

PD - Automoción

Que se aprende
a facer?
Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.
En que ámbitos
se traballa?

No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorías.

Que ocupacións
se desempeñan?
Xefe/a da área de electromecánica. Recepcionista de vehículos. Xefe/a de taller de vehículos de motor. Encargado/a de ITV. Perito/a taxador/ora de vehículos. Xefe/a de servizo. Encargado/a da área de recambios. Encargado/a da área comercial de equipamentos relacionados cos vehículos. Xefe/a da área de carrozaría: chapa e pintura.
Cales son os
módulos deste
ciclo

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

  Curso  Código Módulos  profesionais Horas
  MP0294 Elementos amovibles e fixos non estruturais 213
  MP0299 Formación e orientación laboral 107
  MP0293 Motores térmicos e os seus sistemas auxiliares 267
  MP0291 Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade 240
  MP0297 Xestión e loxística do mantemento de vehículos 133
  MP0300 Empresa e iniciativa emprendedora 53
  MP0296 Estruturas do vehículo 123
  MP0301 Formación en centros de traballo 384
  MP0298 Proxecto en automoción 26
  MP0292 Sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe 209
  MP0309 Técnicas de comunicación e de relacións   53
  MP0295 Tratamento e recubrimento de superficies 192