AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDOLIBROS

No DOG do 18 de maio saiu publicada a orde de axudas de libros de texto, material escolar e fondo libros. Teñen toda información no enlace da aplicación fondolibros

Teñen de prazo para presentar solicitudes ata o 22 de xuño.

O alumnado de 5º e 6º non accede a axudas de libros porque están todos incluídos dentro do programa Edixgal (libros electronicos) pero si poden acceder ás axudas de material escolar.

O alumnado de 3º e 4º entra na categoria de fondolibros mentres que os de 1º e 2º acceden as axudas de libros de texto (210 ou 140 €, segundo a renta per capita familiar sexa menor de 6000 € ou10000 € respectivamente)

As axudas de material son de 50 € para as rentas igual ou inferior a 6000 €.

Poden presentar as axudas no centro completando os anexos I e II ou electrónicamente a través da sede da xunta e aportando a documentación necesaria.

BECAS NECESIDADES ESPECIAIS

Saiu publicada no BOE a convocatoria de becas para alumnos con NEAE (Necesidade Especifica de Apoio Educativo) para o curso 2022-23.

Poderán acollerse a estas becas aqueles alumnos diagnosticados con TEA (incluído ASPERGER), TDHA, discapacidade, trastorno grave de conduta o de comunicación, reeducación psicopedagóxica, reeducación da linguaxe e que teñan recoñecida unha minusvalía como mínimo do 33% e que a sua vez estean acudindo a un centro de reeducación ou reforzo distinto ó do centro.

O prazo vai desde o 19 de maio ata o 30 de setembro e as solicitudes faranse a través do seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

EXCURSIÓN VEXO VEO XACOBEO 1º/2º-SANTIAGO

Enviamos enlace do video que fixeron os de Vexo Veo Xacobeo sobre a excursión dos nenos e nenas de 1º e 2º a Santiago.

https://vimeo.com/710756207

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22/23

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22/23

CEP PLURILINGÜE SALUSTIANO REY EIRAS

VACANTES curso 22/23

     

CURSO

UNID.

PRAZAS

RESERVAS/ PERMANENCIAS

VACANTES

 

1º Pri.

2

50

33

17

 

2º Pri.

2

50

30

20

 

3º Pri.

2

50

40

10

 

4º Pri.

2

50

47

3

 

5º Pri.

2

50

40

10

 

6º Pri.

3

75

54

21

 
 

13

325

244

81

 

 

 

 

 

 

 

 

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 21 de marzo de 2022.

 

Toda información sobre este proceso esta na aplicación informática admisionalumnado,: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Tamén poden descargar aquí os formularios de solicitude.

 

 Lexislación: Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria,...

O alumnado procedente dos centros adscritos que presentou a solicitude en febreiro para 1º nivel de educación primaria, están todos admitidos e ata a matrícula xa non deben realizar ninunha xestión máis.

DIAS NON LECTIVOS - ENTROIDO

Recordamos que segundo establece o calendario escolar non son lectivos:

luns e martes de entroido (28 de febreiro e 1 de marzo) e mercores de cinza (2 de marzo).

DECLARACIÓN RESPONSABLE AUTOEST POSITIVO

Comunican desde a Consellería de Sanidade que cando realicen un test de antíxenos e sexa positivo que realicen a comunicación a través desta declaración responsable. Desde dito enlace é moito máis rápido que o positivo estea no sistema. Ademais debrn tamén comunicalo ao colexio telefonicamente.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22/23. RESERVA DE PRAZA

Ata o día 8 de febreiroesta aberta a fase de reserva de praza en centros de adscrición.

Só afecta ao alumnado que cambia de etapa, os matriculados de 1º a 5º non teñen que facer nada. No noso caso afecta ao alumnado de 6º que vai ao IES da Pobra e ao alumnado de infantil dos centros Fernández Varela, Vilariño, A Granxa e Monte Carmelo. Para estes centro faremos una reunión informativa os primeiros días de febreiro. Enviaremos comunicación oas centros.

Poden presentar as solicitudes de reserva no centro onde están matriculados este curso e logo xa os recolleremos. As listaxes de admitidos publicaranse no centro onde están matriculados este curso antes do día 28 de febreiro.

Todo o proceso e información está dispoñible  na aplicación admisionalumnado.

Normativa: Orde do 18/12/2020, Orde do 25/01/2017, Orde do 12/03/2013, Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

Entregamos ao alumnado os modelos a presentar: anexo I.

PROTOCOLOS COVID

Poñemos nos seguintes enlaces o protocolo actualizado  de vixiancia e control do covid que se publicou o pasado 14 de xaneiro (versión 6) a Consellería de Sanidade para o ámbito educativo e o protocolo para a detección do covid cos test rapidos de antixenos de saliva que enviaron aos centros para que, en caso de contactos estreitos poidan facer vostedes na casa.

ACTUALIZACION COVID-INFOGRAFIAS

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID

O Ministerio de Sanidade vén de publicar os novos protocolos de xestión epidemiolóxica en centros educativos. 

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

• A definición de contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

MAIS INFORMACION NOS ANEXOS:

·        

Propuesta de refuerzo y adaptación de las medidas de prevención COVID-19 en centros educativos y centros universitarios para el reinicio de la actividad presencial en enero de 2022. https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Refuerzo_y_adaptacion_medidas_educ_univ.pdf

·        

Adaptación de la guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-CoV-2 0 https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Adaptacion_Guia_Centros_Educativos.pdf

 

·        

Infografía de refuerzo de medidas COVID-19 centros educativos https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Refuerzo_medidas_covid_centros_educativos.pdf

 

Distribuir contido