ACTIVIDADES 3º - PROXECTO LUDIEDUCA

 Como sabedes, en 3º estamos a desenvolver o proxecto Ludieduca da Cruz Vermella, que era unha sesión ao mes. No arquivo adxunto está o cadernillo que nos remitirion. Son actividades moi sinxelas ao mesmo tempo que distraen un pouco da rutina escolar. O cadernillo trata da prevención de riscos en casa e na rúa. Evidentemente esta actividade é voluntaria para facer no tempo libre e se poden. Se queredes podedes enviar a Lorena, no correo que hai no documento os traballos ou fotos. (loresa@cruzroja.es)

ACTIVIDADES 3º B

Deixamos un arquivo coas actividades de Sabela para fianis de abril.

ACTIVIDADES EF.

Ola a todas/os!  Desde este domingo xa podedes saír á rúa, podedes ter unha vida máis activa realizando actividade física diaria. A pesar diso, desde a área de EF, seguiremos propoñéndovos distintas actividades para que realicedes no voso tempo libre.

Podedes seguir utilizando calquera das actividades que se vos propuxeron en semanas anteriores.
Aquí tedes as actividades desta semana:

1º A 4º PRIMARIA. (Pode ser utilizado por todos os niveis)

Recomendamos que a sesión de Sandra Sánchez ( karateca) se leve a cabo cun adulto, pois o material utilizado son bolsas de plástico, pero é unha sesión moi divertida.

 
 


 
 
 
 
Se vos gusta facer exercicio dunha forma lúdica e participando toda a familia aquí tedes outro xogo de taboleiro. É un xogo de mesa motriz con temática de superheroes. Realizado por PAU CLOWN.
 
 
 
XOGO MOTRIZ SUPERHEROES
 
 
 
 
5º A 6º PRIMARIA. (Pode ser utilizado por todos os niveis)
 

Para 5º e 6º deixamos estes videos de youtube para que poidades facer en casa. Os pode facer toda familia, e os nenos e nenas de todos niveis:

RETOS EF EN CASA.

 

Un saludo, os profes de EF.

 

ACTIVIDADES RELIXIÓN 1º-2º

MATERIAIS E ACTIVIDADES PARA ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 1º E 2º CURSOS DE PRIMARIA DO COLEXIO SALUSTIANO REY EIRAS
ENLACE:https://iesn1.fdbible.org/
ENTRAR EN CURSO CORRESPONDENTE: 1º OU 2º DE PRIMARIA
PINCHAR EN: "ENTRAR COMO INVITADO"

Aparecen as actividades e materiais para traballar os alumnos nas vindeiras semanas e o modo de contacto co profesor Xoán Neira para consultas, dudas ou remitir actividades realizadas.

 

EDUCACIÓN FÍSICA

1º A 4º DE PRIMARIA. (As actividades poden ser realizadas por todos os niveis)

Ola nenos/ as! Esta semana seguiremos movendo o esqueleto. Como? Bailando un pouquiño. Algúns de vós comentábádes que o que máis vos gusta das actividades anteriores son os bailes, así que vos temos preparados 15 bailes para que vós montedes vosas propias sesións.

Se non queredes bailar podedes facer os retos do profesor SUGURU.

TODO O MUNDO A BAILAR

 

 

DE 5º A 6º DE PRIMARIA. (As actividades poden ser realizadas por todos os niveis)

Aquí tedes uns retos do profe SUGURU para facer na casa,  poden facelos os maiores e os pequenos.

 RETOS DO PROFE SUGURU

 

 

 Un saúdo, os profes de EF.

MUSICA- APRENDO COAS TIC

A profe Chus deixa un enlace de aprendo música coas TIC. Son actividades e xogos para aprender a linguaxe musical. Hai para todos os niveis.

https://aprendomusica.com/index.html

 

ACTIVIDADES 3º- LINGUA E MATES

Deixamos nos arquivos adxuntos unhas  fichas de repaso de linguas castelá e galega e matemáticas para ir traballando esta semana.

ACTIVIDADES 3º B

Deixamos unhas actividades que pasou Sabela para seus alumnos de 3º B nos arquivos adxuntos.

 

ACTIVIDADE E.F. PARA TODOS

Desixamos este enlace para facer un xogo da oca que esperamos que vos guste. O poden facer tanto os nenos e nenas de 1º como os de 6º ou os pais e nais, todo depende do nivel que queirades aplicar en cada proba. As normas son moi sinxelas.

XOGO DA OCA EN EF

 

 

 Un saúdo, os profes de EF.

 

 

ACTIVIDADES 3º .VOLTA DE VACACIÓNS

Despois das vacación e, a espera de que desde a Consellería dean instruccións sobre a 3ª avaliación, deixamos un documento co traballo de 3º.

Distribuir contido