O NOSO CENTRO NON TEN NINGÚN CASO DE CORONAVIRUS

Queremos informarlles que a día de hoxe (domingo 13 de decembro) no centro non somos coñecedores de ningún caso de coronavirus no noso centro.  Hoxe aparece unha noticia na Voz de Galicia na que se indica que temos un caso. O equipo Covid do centro non recibiu ningunha notificación de contaxio, nin de pais/nais nin da Consellería, non obstante puxemonos en contacto coas autoridades sanitarias por si houbera algún caso declarado durante o fin de semana, pero nos dicen que non hai ningún caso.

REPARTO DE MÁSCARAS

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

Orde do 6 de novembro de 2020 (dog 13/11/2020)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai unha achega complementaria procedente do fondo de reserva de garantía educativa, para que os centros docentes afrontemos este curso a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da covid-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado.

ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado matriculado no centro:

A) non ten que presentar solicitude: o alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Os que recibiron o cheque de 50 €.

B) ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• alumnado matriculado en educación especial.

• alumnado suxeito a tutela ou garda da xunta de galicia.

• alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

SOLCITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material)

Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro.

Prazo:  10 días hábiles, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

Repartiremos as máscaras a partir do 30 de novembro.

PLAN DE ENSINO VIRTUAL

En caso de que por mor da situación actual se decrete un confinamento e se suspendan as clases temos previsto o actual plan de ensino virtual que se incorpora ao plan de continxencia actual para garantir o proceso educativo.

Tratase dun horario espello de 3 sesións diarias, impartido polos mesmos profesores que impartimos as materias e é de obrigado cumprimento para o alumnado. O ensino realizarase a través das videeoconferencias e da aula virtual do centro.

LUNS 2 DE NOVEMBRO, NON LECTIVO

O calendario escolar indica que todos os centros deberán elixir 2 días lectivos ó longo do curso, excepto que coincidan con festivos locais como ocorre co noso centro onde o luns de Nazareno é un deles, polo que compre elixir un só día. O dentro elixiu o luns 2 de novembro ó igual que os outros centros adscritos: Fernández Varela, Vilariño, A Granxa e o IES. 

Aproveitamos para recordarlles que o calendario escolar determinou no primeiro trimestre  non lectivo (Día do Ensino) o luns 7 de decembro. O 8 de decembro é festivo.

 Este trimestre as clases rematarán o martes 22 de decembro.

RECOMEDACIÓNS COVID - CENTRO DE SAÚDE

Desde o centro de saúde enviaron un documento aos centros con recomendacións de actucación ante o COVID-19 para pais e nais.

Ademais das recomendacións xerais, conten para o caso de infeccións respiratorias ou como desinfectar as mascarillas.

Festivo local-luns nazareno - horario secretaría

Recordámoslles que o vindeiro luns 21 de setembro non haberá clase por ser festivo local. O martes retomaremos as clases no horario habitual.

Horario de secretaría: 9:20h. a 10:45 h. e de 12:30 a 13:30 h.

Unha vez que todos nos estamos acostumando aos horarios decidimos reaxustar o de secretaría e adiantámolo 10 minutos.

Recordamos que, segundo indica o protocolo da Consellería, os pais non poden acceder ao centro no horario de recreo, neste caso de 10:45 a 12:15 h. Se algún pai/nai ten que recollelo, pedimos que se faga antes ou despois deste horario.

 

MATERIAL

LISTADOS DE MATERIAL NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS

TITORÍAS CURSO 20-21

 

A

B

C

IRIA

DIANA

 

MARIA

MARISA

 

IRENE

Mº JOSE

 

CARMEN

SABELA

SESE

SILVIA

CHARO

JORGE

JUAN

SALI

GENO

FOLGA 10 DE SETEMBRO

qUEREMOS RECORDARLLES QUE MAÑÁ HAI CONVOCADA XORNADA DE FOLGA.

OS SERVIZOS MÍNIMOS DECRETADOS POLA CONSELLERÍA SON:

UN MEMBRO DA DIRECCIÓN, O CONSERXE, UN PROFESOR POR CADA GRUPO QUE COMEZA CLASE, TODO O PERSOAL DE COCIÑA E LIMPEZA.

NO CASO DAQUELES ALUMNOS QUE NON VEÑAN POR SECUNDAR A FAMILIA A FOLGA, O VENRES FARIAMOS UNHA ACOLLIDA, ESPECIALMENTE COS COS 1º. PODERÁN ACUDIR AS 9:25 COMO O XOVES.

INICIO DE CURSO 2020/21

Distribuir contido