REPARTO DE MÁSCARAS

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

Orde do 6 de novembro de 2020 (dog 13/11/2020)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai unha achega complementaria procedente do fondo de reserva de garantía educativa, para que os centros docentes afrontemos este curso a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da covid-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado.

ALUMNADO DESTINATARIO: Alumnado matriculado no centro:

A) non ten que presentar solicitude: o alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Os que recibiron o cheque de 50 €.

B) ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• alumnado matriculado en educación especial.

• alumnado suxeito a tutela ou garda da xunta de galicia.

• alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

SOLCITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material)

Forma de presentación da solicitude: unicamente de forma presencial no centro.

Prazo:  10 días hábiles, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

Repartiremos as máscaras a partir do 30 de novembro.