PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 E CONTINXENCIA
Enviado por bandaseca o Mar, 08/09/2020 - 18:15ESTE O PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/21
AINDA PODE SUFRIR MELLORAS COAS APORTACIÓNS DE TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
TAMEN ESTÁN OS ANEXOS DO PLAN NOS FICHEIROS ADXUNTOS.
Inicio Curso 2020/21
Enviado por bandaseca o Ven, 04/09/2020 - 17:31
Ante a situación que estamos vivivindo e co fin de extremar todo tipo de medidas preventivas, este ano a Xunta determinou que o curso comezará en dous días para evitar aglomeracións no centro
O xoves 10 de setembro 1º - 2º e 3º
O venres 11 de setembro incoropóranse 4º -5º e 6º
O horario será o habitual, de 9:10 h. a 13:50 h., Haberá transporte escolar.
Os alumnos/as que vaian facer uso o primeiro día do servizo de madruga ou de comedor pregamos o comunique á maior brevidade a ANPA no correo anpabandaseca@gmail.comou no teléfono 634964175. Caso de ter algunha dificultade poden enviar correo ao centro (cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.es) o chamar directamente ao centro.
Estamos traballando no protocolo da Xunta para garantir a seguridade dos seus fillos, na sinalización do centro e portas de entrada, na distribución das mesas para que teñan o máximo espazo, na organización de entradas e saídas, recreos, acceso a baños,... para que sexan o mais diferenciadas e espaciadas posibles (faremos diferentes quendas de recreo e de saída), que cada clase interaccione o mínimo.
A vía oficial de comunicación será esta páxina web e a aplicación ABALAR. (lamentablemente esta aplicación non estará operativa para o actual curso ata o día 9).Pregamos estean atentos á páxina porque será onde publiquemos todas as modificacións deste curso.
Todos os nenos teñen que vir con máscara desde casa (salvo certificación médica).
Entrada: Unha vez que os nenos/as entren no recinto dirixiranxe as aulas. Non poden quedar a xogar no patio.Os pais non poderan acceder ao recinto escolar,
Presentación 1º nivel: entrada no recinto 15 minutos mais tarde, pode acompañalos un familiar. As 9:30 reunión no pavillón. Os alumnos de 1º que veñan no transporte encargaremos nós de acollelos.
A atención de secretaría non poderá ser nunca nas horas de entrada, sáida ou recreos, polo que non poderán acceder ao centro nestes momento. Haberá que avisar mediante chamada telefónica.
LIBROS DE TEXTO 20/21
Enviado por bandaseca o Ven, 03/07/2020 - 10:06Lista de libros de texto para o curso 2020/21.
Pregamos esperen mercar os libros ata setembro, especialmente os de 1º e 2º a setembro. Os activity book de 3º 6º non entran en fondo libros, pero se poden adquirir coa axuda de material.
libros de 5º. Este curso teremos neste nivel libros dixitais por estar no proxecto e-dixgal. Todo alumnado deste nivel está incluído, o único que terán que mercar é o activity book.
ENTREGA NOTAS
Enviado por bandaseca o Xov, 18/06/2020 - 16:51As cualificacións finais publicaranse o dia 19 de xuño a partir das 10 h. a través da aplicación AbalarMobil.
Neste caso decidiuse facelo a esta hora por recomendación da Consellería e evitar o problema que houbo na 2ª avaliación onde a aplicación bloqueouse. Ao publicar todos os centros as notas a mesma hora, e ser o único medio de acceso para as familias, a aplicación se sobrecargou, nalgún caso non funcionou ata ben entrada a tarde. Por este motivo, a pesar que desde a Consellería aseguran que reforzaron os sistemas de xestión relacionados coa publicación de cualificacións, pediron que escalonáramos a hora de publicación e, se fora posible, adiantala para facilitar o acceso gradual das familias.
DEVOLUCIÓN DOS MATERIAIS EN PRÉSTAMO.
Enviado por bandaseca o Dom, 14/06/2020 - 16:19Ola familias!
Dende os máis pequenos ata os máis maiores, lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca.
Xa sabemos que algún de vós xa os trouxestes. Pero os demais o día que veñades á escola a recoller o material ou a facer calquera outra cousa podedes aproveitar e deixar tamén o material de préstamo.
Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio.
Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes todo alí.
Aproveitade este tempo de verán para pásalo moi ben e adicarlle tempo á lectura que vós levará a mil e unha aventuras.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020
Enviado por bandaseca o Dom, 14/06/2020 - 12:13Ola familias!
Presentámosvos as recomendacións lectoras deste ano para o verán. Están divididas en tres apartados:
- primeiros lectores
- lectores autónomos
- lectores expertos
Convidámosvos que escollades libremente en función do voso nivel lector e os vosos gustos.
Se clicades na imaxe da portada do libro atoparedes máis información sobre ese libro.
Esperamos acertar coa elección.
Felices lecturas e feliz verán!
A Vaca Pepa.
ACTIVIDADES 3º - PROXECTO LUDIEDUCA
Enviado por bandaseca o Ven, 12/06/2020 - 08:24Desde o proxecto Ludieduca da Cruz Vermella envían a derradeira actividade deste curso. Están no arquivo adxunto. É unha actividade dsobre a árbore xeneáloxica. Esta actividade é voluntaria para facer no tempo libre. Se queredes podedes enviar a Lorena os traballos ou fotos, ao correo que hai no documento . (loresa@cruzroja.es)
LIBROS DIXITAIS EN 5º
Enviado por bandaseca o Xov, 11/06/2020 - 08:56O centro foi seleccionado para a participación no proxecto EDIXGAL para o vindeiro curso.
Esto quere dicir que todo o alumnado de 5º terá libros dixitais (para o seguinte curso serán os alumnos de 5º e 6º). Ainda que neste caso non fai falta solicitar a axuda de libros, si que está vixente a axuda de material escolar de 50 € para aqueles que a soliciten e lles corresponda.
ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.
Enviado por bandaseca o Lun, 08/06/2020 - 10:31Ola a todos/as!
Estamos a rematar o curso! Quédannos dúas semanas!
Aquí tedes as tarefas de Educación Física.
1º a 4º de Primaria.
Esta semana e a que vén recomendámosvos seguir facendo actividade física todos os días.
Aquí deixámosvos diferentes taboleiros de mesa que nos convidan a xogar e a movernos.
Espero que os gocedes!
5º a 6º de Primaria.
Esta semana tedes seis retos.
Xa sodes uns expertos, así que moito ánimo e a conseguilos!
Un saúdo, os profes de EF.
ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.
Enviado por bandaseca o Lun, 01/06/2020 - 10:24Bos días a todos!
Aquí tedes as actividades desta semana.
1º e 2º de Primaria
Volvemos ter un xogo de taboleiro para xogar en familia espero que o disfrutedes.
Tamén vos convidamos a realizar a seguinte actividade: Gústanche os globos?
3º e 4º de Primaria
Esta semana tedes diferentes actividades con globos. Podedes utilizar outro tipo de material (pelotas blanditas, de voleibol, goma escuma,..) segundo a habilidade de cada un ou do material que teñades en casa. Ánimo!
5º e 6º de Primaria.
Nestes niveis seguimos cos retos: probas de equilibrio, de lanzamento e outras moi variadas.
Esperamos que o gocedes.
Un saúdo, os profes de EF.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »