Inicio Curso 2020/21
Ante a situación que estamos vivivindo e co fin de extremar todo tipo de medidas preventivas, este ano a Xunta determinou que o curso comezará en dous días para evitar aglomeracións no centro
O xoves 10 de setembro 1º - 2º e 3º
O venres 11 de setembro incoropóranse 4º -5º e 6º
O horario será o habitual, de 9:10 h. a 13:50 h., Haberá transporte escolar.
Os alumnos/as que vaian facer uso o primeiro día do servizo de madruga ou de comedor pregamos o comunique á maior brevidade a ANPA no correo anpabandaseca@gmail.comou no teléfono 634964175. Caso de ter algunha dificultade poden enviar correo ao centro (cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.es) o chamar directamente ao centro.
Estamos traballando no protocolo da Xunta para garantir a seguridade dos seus fillos, na sinalización do centro e portas de entrada, na distribución das mesas para que teñan o máximo espazo, na organización de entradas e saídas, recreos, acceso a baños,... para que sexan o mais diferenciadas e espaciadas posibles (faremos diferentes quendas de recreo e de saída), que cada clase interaccione o mínimo.
A vía oficial de comunicación será esta páxina web e a aplicación ABALAR. (lamentablemente esta aplicación non estará operativa para o actual curso ata o día 9).Pregamos estean atentos á páxina porque será onde publiquemos todas as modificacións deste curso.
Todos os nenos teñen que vir con máscara desde casa (salvo certificación médica).
Entrada: Unha vez que os nenos/as entren no recinto dirixiranxe as aulas. Non poden quedar a xogar no patio.Os pais non poderan acceder ao recinto escolar,
Presentación 1º nivel: entrada no recinto 15 minutos mais tarde, pode acompañalos un familiar. As 9:30 reunión no pavillón. Os alumnos de 1º que veñan no transporte encargaremos nós de acollelos.
A atención de secretaría non poderá ser nunca nas horas de entrada, sáida ou recreos, polo que non poderán acceder ao centro nestes momento. Haberá que avisar mediante chamada telefónica.