Normas e Organización

NORMAS biblioteca Anisia Miranda

CDU personalizada de Peiti e Eiros

Atopa o que buscas!

Na nosa Biblio AnisiaMiranda, os libros estan colocados nos andeis según este código internacional chamado CDU (Clasificación Decimal Universal)

Recunchos da nosa biblioteca

Aquí tedes novos recunchos con libros moi interesantes. Para que non vos perdades todo o que vos ofrece a vosa Biblio AnisiaMiranda.

 

   



 

Tamén nos gusta estar informadas/os.

Benvidas/os á biblioteca.

Con este vídeo queremos darvos a benvida á nosa biblioteca Anisia Miranda, neste curso que acaba de comezar. Esperemos que gocedes moito da lectura e que coidedes os libros.

PROTOCOLO COVID

 

ENTREGA DOS LIBROS DA BIBLIOTECA

Lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca o día que veñades á escola a recoller o material. Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio. 
 
OS LIBROS DEVOLTOS DEBERÁN PERMANECER ILLADOS EN CAIXAS 14 DÍAS 

OS RECUNCHOS DA NOSA BIBLIOTECA

Aquí mostrámosvos algúns dos recunchos da biblioteca, para sentirnos máis cómodos e integrados no espazo.

Temos unha árbore onde colocamos os libros relacionados co proxecto anual, (este curso é "o medioambiente").

Para os que lle gusta  gozar da lectura dos cómics tamén teñen o seu sitio. A narrativa ocupa un lugar moi importante na biblioteca e conta con diferentes espazos para descubrir todas as historias que nos ofrece este xénero literario.

Tamén temos un recuncho de prensa para estar ben informados/as do que pasa.

Non podía faltar o recuncho das novidades e tampouco o de xogos.

Contamos tamén co recuncho de informática, de traballo individual ou en equipo, de inglés, de estimulación sensorial...