OS RECUNCHOS DA NOSA BIBLIOTECA

Aquí mostrámosvos algúns dos recunchos da biblioteca, para sentirnos máis cómodos e integrados no espazo.

Temos unha árbore onde colocamos os libros relacionados co proxecto anual, (este curso é "o medioambiente").

Para os que lle gusta  gozar da lectura dos cómics tamén teñen o seu sitio. A narrativa ocupa un lugar moi importante na biblioteca e conta con diferentes espazos para descubrir todas as historias que nos ofrece este xénero literario.

Tamén temos un recuncho de prensa para estar ben informados/as do que pasa.

Non podía faltar o recuncho das novidades e tampouco o de xogos.

Contamos tamén co recuncho de informática, de traballo individual ou en equipo, de inglés, de estimulación sensorial...