INICIO DO CURSO 2022/23
Enviado por admin1 o Mér, 31/08/2022 - 13:06
INFORMACIÓNS RELATIVAS AO INICIO DE CURSO 22/23:
- A listaxe de material de cada nivel estará exposto no taboleiro exterior do colexio o venres 2 ao mediodía. Tamén poderán velo nesta páxina web.
- A entrega de vales de libros e vales de material (para os/as que non o recolleron en xullo) realizarase o venres 2 e o luns 5, en horario de mañá (de 9 a 14 horas).
- Queda pendente a entrega dos lotes de libros para o alumnado beneficiario, pois todavía non os mandaron todos da editorial.
Moito ánimo e bo inicio de curso para todos/as.
LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022_23
Enviado por admin1 o Xov, 23/06/2022 - 16:26No seguinte ficheiro poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso 2022/23.
Para 4º non é preciso mercar ningún libro de texto.
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS
Enviado por admin1 o Mér, 22/06/2022 - 11:54O periodo de tempo para efectuar reclamacións contra as cualificacións é de dous días dende a recepción das notas.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2022-2023
Enviado por admin1 o Xov, 16/06/2022 - 17:03O prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022 - 2023 será do 20 ao 30 de xuño.(Só para o alumnado novo no centro)
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023
Enviado por admin1 o Mér, 18/05/2022 - 19:09Ata o 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2022-2023.
A normativa legal que regula este procedemento está na Orde do 29 de abril de 2022 (DOGA d 18 de maio de 2022) e pode ser consultada no seguinte enlace:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS
Enviado por admin1 o Ven, 13/05/2022 - 12:40As listaxes de alumnado admitido para o curso 2022-2023 está exposto no taboleiro interior do centro.
O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.
OBRADOIROS FAMILIARES CONCELLO DE PONTEVEDRA
Enviado por admin1 o Lun, 14/03/2022 - 09:54No seguinte ficheiro, teñen a súa disposición a información relativa aos obradoiros familiares que oferta o Concello de Pontevedra.
ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023.
Enviado por admin1 o Mér, 02/03/2022 - 19:34
INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2022-2023.
O prazo estará aberto do 1 ao 21 de marzo.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por admin1 o Ven, 21/01/2022 - 13:52Só afecta ao alumnado de 6º de Educación Infantil da E.E.I. Fina Casalderrey (que desexe reservar praza no noso centro) e a 6º nivel de Educación Primaria do CEP Marcos da Portela. O centro adscrito a este é o IES Luís Seoane; polo tanto, o alumnado de 6º de Primaria, que queira matricularse noutro centro, deberá facer a solicitude a partir de marzo (xa se informará dos prazos).
Distribución de máscaras entre alumnado beneficiario
Enviado por admin1 o Lun, 15/11/2021 - 19:08No portal educativo www.edu.xunta.gal
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »