ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023 - 2024

Ata o 21 de xuño de 2023 estárá aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2023-2024.

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023- 2024

Dende esta mañán están publicadas as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023 - 2024

.Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Mañán, 25 de abril, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2023-24.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Contra estas listaxes poderá presentarse reclamación ante o consello escolar durante os 5 días hábiles seguintes á súa publicación.

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.

O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023

INFORMAMOS DE QUE O VINDEIRO MARTES, 14 DE FEBREIRO, ORGANIZAREMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO.

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023 - 2024

A partir de hoxe, 16 de xaneiro de 2023, iniciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2023-2024 (segundo a Orde do 21 de outubro de 2022).

Entre o 16 de xaneiro e o 4 de febreiro levarase a cabo o proceso de RESERVA de praza, que só afecta ao alumnado que cambia de etapa (de 6º de EI a 1ºde EP e de 6º de EP a 1º da ESO) e desexa continuar os seus estudos nos centros adscritos aos que xa está matriculado na actualidade; é decir que desexan reservar praza no CEP Marcos da Portela ou no IES Luís Seoane.

INFORMACIÓN PROGRAMA DIGITAL WEEK

NOVAS DE INICIO DE CURSO 2022/23

As clases darán comezo, para todo o alumnado, o xoves 8 de setembro.

O horario de entradas e saídas do alumnado do colexio, para todo o curso, é o seguinte:

2º, 5º e 6º: Entran ás 9 e saen ás 14.00h. O alumnado de 2º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 5º e 6º pola cancela principal.

1º, 3º e 4º: Entran ás 9.05 e saen ás 14.05h. O alumnado de 1º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 3º e 4º pola cancela principal.

SERVIZO DE PLAN MADRUGA E COMEDOR

Achegamos a carta informativa que nos fixo chegar a FANPA para a renovación ou a nova contratación dos servizos de almorzo e comedor para o novo curso escolar 22-23.

Nela teñen toda a información para poder realizar as xestións que necesiten.

Distribuir contido