Taboleiro
PREMIO NO CONCURSO DE COOPERATIVISMO
Enviado por admin1 o Mar, 21/06/2011 - 21:06O Colexio ven de recibir o 1º PREMIO no CERTAME DE COOPERATIVISMO por un traballo feito polo alumnado do 2º ciclo de EP (3º e 4º) consistente na montaxe dun pobo, totalmente ecolóxico, realizado en plastilina.
Durante o seu desenvolvemento traballáronse as competencias de comunicación lingüística, matemática, artística, coñecemento, interacción co mundo físico, autonomía e iniciativa persoal, e competencia social e cidadá.
ENCONTROS UNESCO 2011
Enviado por admin1 o Lun, 13/06/2011 - 09:36A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 2011 ano internacional dos Bosques coa finalidade de promover a conservación e o desenvolvemento dos bosques en todo o mundo, crear unha conciencia social da importancia crítica que desempeñan os bosques e por ser estes os espazos máis importantes da biosfera terrestre.
O VOCABULARIO DE XOAN MANUEL PINTOS
Enviado por admin1 o Ven, 10/06/2011 - 08:46O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello, veñen de presentar as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos,<
A NOSA CIDADE
Os nosos traballos
Participamos no Concurso de Maios 2009 da Ferrería.
Celebramos o SAMAÍN 2009.