A NOSA CIDADE

Ao longo do curso 2009 - 2010 realizamos no Colexio un proxecto de centro consistente en converter os espazos do centro nunha pequena cidade coas súas rúas, prazas, establecementos comerciais, mobilidade (sinais de tráfico, pasos de peóns, rotondas)...
Este traballo serviu de base para a participación no Salón do Libro e para realizar un traballo de investigación sobre a cidade de Pontevedra e elaborar unha pequena presentación e unha mini guía da cidade que lle presentamos aos compañeiros doutras provincias de Galicia que participaron no Encontro de Escolas Unesco que tivo lugar en Pontevedra.