Distribución de máscaras entre alumnado beneficiario
No portal educativo www.edu.xunta.gal está publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria en centros públicos dependentes desta Consellería (Orde do 28 de outubro de 2021).
Segundo dita orde (a cal aparece no documento adxunto):
- NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, xa que acceden automáticamente ao préstamos de máscaras.
- SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
Os interesados presentarán, de FORMA PRESENCIAL, no centro educativo os anexos I e II cubertos (ficheiros adxuntos)
PRAZO: do 15 ao 26 de novembro de 2021.
HORARIO: De 10.40h a 13.00h. na secretería do Centro.
Aqueles que non lles sexa posible imprimir os Anexos, poderán recoller unha copia en conserxería.
IMPORTANTE: todo aquel alumnado que tivo concedido o vale de material ao inicio de curso, non ten que solicitalo porque xa lle corresponden por defecto.
En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución, periocidade e número de máscaras por alumno/a serán debidamente informados.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I.pdf | 1.16 MB |
ANEXO II.pdf | 671.53 KB |