Blogues
REUNIÓNS INICIO DE CURSO 24_25
Enviado por admin1 o Mér, 04/09/2024 - 10:18DATAS E HORARIOS POR NIVEL:
1º: VENRES, 6 DE SETEMBRO. 12.00H NAS AULAS DE 1º A E B.
2º: MARTES, 17 DE SETEMBRO. 16.15H NA BIBLIOTECA.
3º: MARTES, 17 DE SETEMBRO. 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.
4º: MARTES, 24 DE SETEMBRO. 16.15H NA BIBLIOTECA.
INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR FANPA
Enviado por admin1 o Lun, 02/09/2024 - 20:27Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar os servizos de madruga e comedor para o curso 2024-25.
LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2024/25
Enviado por admin1 o Mér, 03/07/2024 - 13:12LISTAXE de libros de texto para o curso 2024_25.
PROCESO DE AVALIACIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS
Enviado por admin1 o Mér, 26/06/2024 - 11:34De acordo coa seguinte documentación oficial:
- Ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Informámoslles que, unha vez realizada a avaliación e entregadas as notas, dispoñen dun prazo de 2 días para reclamacións das cualificacións.
ÁBRESE O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024/2025
Enviado por admin1 o Mér, 19/06/2024 - 15:20A partir do 20 de xuño de 2024 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2024 - 2025.
Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado da EEI Fina Casalderrei, que entra en 1º de EP e foi admitido no proceso de reserva e o alumnado de calquera nivel procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.
Deberán presentar a seguinte documentación:
AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL 2024-2025
Enviado por admin1 o Lun, 20/05/2024 - 16:09Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2024-2025.
ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025
Enviado por admin1 o Xov, 25/04/2024 - 12:56Hoxe , 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2024-25.
Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025
Enviado por admin1 o Xov, 29/02/2024 - 11:38INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.
O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.
Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.