ÁBRESE O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024/2025
A partir do 20 de xuño de 2024 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2024 - 2025.
Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado da EEI Fina Casalderrei, que entra en 1º de EP e foi admitido no proceso de reserva e o alumnado de calquera nivel procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.
Deberán presentar a seguinte documentación:
.- Modelo de solicitude que poden descargar do arquivo adxunto e que debe estar asinado polos dous proxenitores, se os houber (sempre que algún deles non perdese a patria potestade)ou polo proxenitor ou proxenitora en caso de familia monoparental, ou titor/titora legal en caso de acollemento.
.- Copia da tarxeta sanitaria.
.- 2 fotos tamaño carnet.
.- Certificado de matrícula do 2023/2024, cando procedan de centro non adscrito.
Para calquera dúbida póñanse en contacto co centro a través do tlfn. 886159192 ou do correo cep.marcos.portela@edu.xunta.gal .
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo Anexo III FORMALIZACIÓN COLE_2.pdf | 2.69 MB |