Blogues
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023 - 2024
Enviado por admin1 o Dom, 21/05/2023 - 21:07Ata o 21 de xuño de 2023 estárá aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2023-2024.
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023- 2024
Enviado por admin1 o Lun, 15/05/2023 - 13:32Dende esta mañán están publicadas as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023 - 2024
.Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024
Enviado por admin1 o Lun, 24/04/2023 - 10:22Mañán, 25 de abril, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2023-24.
Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Contra estas listaxes poderá presentarse reclamación ante o consello escolar durante os 5 días hábiles seguintes á súa publicación.
ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por admin1 o Lun, 27/02/2023 - 12:58INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.
O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.
Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023
Enviado por admin1 o Mér, 08/02/2023 - 12:52INFORMAMOS DE QUE O VINDEIRO MARTES, 14 DE FEBREIRO, ORGANIZAREMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO.
NOVAS DE INICIO DE CURSO 2022/23
Enviado por admin1 o Mar, 06/09/2022 - 17:47As clases darán comezo, para todo o alumnado, o xoves 8 de setembro.
O horario de entradas e saídas do alumnado do colexio, para todo o curso, é o seguinte:
2º, 5º e 6º: Entran ás 9 e saen ás 14.00h. O alumnado de 2º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 5º e 6º pola cancela principal.
1º, 3º e 4º: Entran ás 9.05 e saen ás 14.05h. O alumnado de 1º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 3º e 4º pola cancela principal.
SERVIZO DE PLAN MADRUGA E COMEDOR
Enviado por admin1 o Mar, 06/09/2022 - 17:30Achegamos a carta informativa que nos fixo chegar a FANPA para a renovación ou a nova contratación dos servizos de almorzo e comedor para o novo curso escolar 22-23.
Nela teñen toda a información para poder realizar as xestións que necesiten.
LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR POR NIVEIS CURSO 2022-2023
Enviado por admin1 o Ven, 02/09/2022 - 12:17INICIO DO CURSO 2022/23
Enviado por admin1 o Mér, 31/08/2022 - 13:06
INFORMACIÓNS RELATIVAS AO INICIO DE CURSO 22/23:
- A listaxe de material de cada nivel estará exposto no taboleiro exterior do colexio o venres 2 ao mediodía. Tamén poderán velo nesta páxina web.
- A entrega de vales de libros e vales de material (para os/as que non o recolleron en xullo) realizarase o venres 2 e o luns 5, en horario de mañá (de 9 a 14 horas).
- Queda pendente a entrega dos lotes de libros para o alumnado beneficiario, pois todavía non os mandaron todos da editorial.
Moito ánimo e bo inicio de curso para todos/as.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »