TODO O ALUMNADO E AS MESTRAS DO CEP CARLOS CASARES, QUEIXEMOS APOIAR E VISIBILIZAR O DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA, CELEBRADO O 19 DE OUTUBRO.
TODAS AS PERSOAS TROUXEMOS ALGUNHA PRENDA DE COR ROSA, A COR DO LAZO, QUE IDENTIFICA ESTA DATA.
Unha vez rematado o Proxecto O Condado, desenvolvido polo alumnado de terceiro, partillamos o resultado final, así como os artigos da revista Néboa relacionados coa saída pola nosa comarca.
Como cada ano e dentro das actividades programadas para a mellora do centro o alumnado do segundo ciclo son os encargados de plantar as flores que hai nas xardiñeiras da parte dianteira do cole.
Dá gusto entrar á escola coa entrada chea de flores.
Dentro das actividades programadas no Club de Ciencia para desenvolver o Proxecto das Mulleres científicas, o pasado 23 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha saída didáctica á Facultade de Química no Campus Universitario de Vigo, o CUVI.
A continuación podedes ver o vídeo dos obradoiros aos que asisitíu o alumnado de 3º. Pareceunos moi interesante todo o que nos explicaron e queremos expresarlle dende aquí as grazas ás Mulleres científicas da Facultade de Química,que impartiron os obradoiros, pola súa atención e a súa amabilidade.