Collémoslle cariño aos Bolechas e desta vez viñeron ao noso centro para explicarnos que é iso dos RAEE. A través dunha canción (que logo bailamos no festival de nadal) e dun vídeo, enterámonos de que os RAEE son os Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos é dicir, todos aqueles obxectos que se enchufen, e de que estes residuos téñense que reciclar cando xa non funcionen. Pero reciclar non se reciclan no monte, hai que levalos á TENDA ou ao PUNTO LIMPO.
Antes de marchar regaláronnos un contiño sobre o tema a cada un de nós.
Que ben o pasamos con eles!! Ogallá volvan outro día!!!
O pasado luns 3 de decembro, a TVG estivo no noso cole por mor daexposición sobre o Folclore Galego que fixemos este ano. Parte do alumnado de 6º nivel foron os encargados de explicala e de falar coa presentadora do programa A Revista que emitiu en directo as explicacións de Lúa, Darío, Antía, Jorge e Javier. Estaban moi nerviosos pero o fixeron XENIAL!! PARABÉNS nen@s!!!
Como xa sabedes, este ano a nosa exposición anual foi sobre o tema do "Folclore". Trouxestes tantas cousas e quedounos tan xeitosa que o Faro de Vigo publicou un artigo para mostrarlle á sociedade as cousas tan chulas que se fan no cole de Alxén. Moitas grazas familias! Sen vós non sería posible!!
O pasado martes 11 de decembro o alumnado do 1º ciclo e do 3º nivel sairon da escola para ver unha obra de teatro "A GALIÑA AZUL" e para visitar o XARDÍN BOTÁNICO de Vigo, a Fundación Sales.
Pasárono xenial, tanto que non se lembraron de sacar fotos na representación teatral, así que so vos podemos mostrar fotos da visita ao xardín, pero polas súas caras podemos deducir que estaban felices, a que si? Que opinades?
A primeira saída do curso, estivo relacionada co proxecto de centro do curso "o folclore". Fomos visitar un museo etnográfico, o MUSEO LISTE de Vigo, unha visita moi recomendable para todo aquel que queira aprender un pouquiño máis da nosa cultura. Vimos un montón de obxectos curiosos utilizados por profesións como cereiros, carpinteiros, xastres e costureiras, menciñeiros... Aprendimos unha chea de cousas...
Despois do museo, as mestras leváronnos a outro sitio no que tamén disfrutamos, fomos a ABANCA BALAÍDOS, un campo de fútbol dun equipo de primeira división o RC CELTA DE VIGO!! que coa remodelación que lle están a facer vai quedar espectacular!! Alí puidemos entrar no campo, aínda que non nos deixaron pisar o céspede, estivemos nos vestiarios e tamén na zona de prensa onde algúns/has compañeir@s tiveron que responder ás nosas "comprometidas" preguntas.