Nesta visita a Ponteareas fomos recibidos polos Bolechas para aprender moitas cousas sobre a nosa lingua. Cantando nun karaoke e facendo algún que outro xogo aprendimos que o galego se fala de distinta maneira dependendo do lugar ou cidade no que esteamos. Por exemplo, o plural da palabra "pantalón" pode ser "pantalóns" ou "pantalois" e están ben ditas as dúas.
Aquí vos deixamos un vídeo onde Os Bolechas explican moi ben iso dos distintos xeitos de falar en galego. Esperamos que vos resulte interesante.
E chegou o día do Magosto no CEP Carlos Casares. Neste día facemos moitas cousas, que se o concurso do COCO-ALXÉN, que se o CIRCUITO DE XOGOS POPULARES, o SALTO DA FOGUEIRA, COMER CASTAÑAS, ben ricas, asadiñas por Manolo e Carmen (moitas grazas por estar con nós ese día)... Non damos para mais!! É un día de tolos, pero, sabedes que? É un dos mellores do ano, xunto co Entroido, as nosas caras xa o din todo como poderedes observar nesta pequena mostra do que ocorre ese día...
Como todos os anos, o día do magosto, tivo lugar o coñecido e esperado concurso COCO-ALXÉN, onde se premian as cabazas mais escalofriantes e terroríficas do cole. Este ano, dábase un premio especial a aquelas cabazas que tiveran relación co tema da exposición,O FOLCLORE. Durante os tres días previos ao concurso, enchéronse os corredores de cabazas "horrorosas e espantosas". O xurado o tivo moi complicado para escoller @s gañador@s. Mirade o vídeo para saber cales foron as cabazas gañadoras.
Non hai cousa que guste máis neste cole que as manualidades e obradoiros. E para mostra un botón... Neste primeiro trimestre aprendimos papiroflexia, fixemos tarros de sal de cores, botellas da calma (que boa falta nos fan ) e como o tema da exposición deste ano é o folclore, fixemos a nosa versión caseira dunha gaita galega, non conseguimos que soara, pero quedaron ben xeitosas...