try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

mar

Plásticos no medio mariño

Onte tivemos unha charla e un obradoiro sobre a contaminación do medio mariño polo plástico. Comezamos coa charla a cargo de Verónica, investigadora do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), que nos axudou a descubrir como chegan os plásticos ao mar e que consecuencias teñen para a flora e fauna mariñas, pero tamén para todo o planeta. Despois baixamos a andar á praia da Torre e alí, despois de merendar e xogar un pouco, estivemos recollendo e clasificando plásticos. Foi moi interesante e tamén divertido.

Grazas, Verónica e Ángel!


Mes da ciencia en galego

Esta semana recibimos na BBS a visita de dous grupos de investigadoras e científicas que falaron co alumnado de 5º e 6º sobre o seu traballo e as implicacións que ten para a mellora e conservación do medio natural. O martes estivemos con Esperanza Álvarez e Ana Barreiro do grupo Uxafore (Unidade de xestión ambiental e forestal sostible) do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falaron sobre a importancia do solo na prevención do cambio climático e nos explicaron en que consiste unha investigación  que están a realizar nos terreos das comunidades de montes de Rianxo, entre elas a de Taragoña. 

O mércores viñeron ao cole Verónica e Ángel, investigadores do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), para levar a cabo unha charla e un obradoiro, na praia da Torre, sobre a presenza e as consecuencias dos plásticos nos ecosistemas mariños. 

Un luxo poder aprender ciencia con elas/es!

                                                                                           

Distribuir contido