Skip to Content

Xeral

Biblioteca Xosé Neira Vilas

 O Ceip Xesús Golmar celebrou o Día Internacional do Libro dun xeito especial xa que a comunidade educativa tomou a decisión de dotar de identidade a nosa biblioteca e acordamos bautizala co nome de Xosé Neira Vilas.
Proposta que nun acto de xenerosidade don Xosé aceptou.

Consideramos un luxo para a nosa comunidade educativa que un escritor de tanta valía, de tanto renome e tan achegado a nós, nos permita darlle o seu nome á nosa biblioteca.

 

                                                 

                                    Recibimos a Don Xosé Neira Vilas con un forte aplauso

 

Escoitámolo con moita atención e entregámoslle a figura representativa do centro


 

                              Fixemos un percorrido pola súa obra literaria, lendo parágrafos dos seus libros


                                                

 

                       

Descubriu unha placa co seu nome e escoitou as pezas que o mestre Alejandro compuxo para a ocasión, o

"Alalá de Balbino" e a "Muiñeira Neira Vilas", e que foron interpretadas por él mesmo e o mestre Miguel.


   

 

 

O alumnado do centro escenificou unha entrevista co autor


Para rematar asinou no libro de visitas e varios exemplares da súa obra aos membros da comunidade

educativa

Dende hoxe 23/04/2012 a biblioteca do noso colexio chámase Biblioteca Xosé Neira Vilas , toda

unha honra para nós

Distribuir contido


by Dr. Radut