Skip to Content

Ubicación

O Ceip Xesús Golmar atópase na parroquia denominada Lalín de Arriba que medrou ó redor da igrexa-mosteiro de San Martín. Ata entrado o século XX, as casas que ían xurdindo á beira da estrada Lalín-Ourense, na súa meirande parte pousadas e casas de comidas, formaban parte desta parroquia ou de Donramiro.
Este mosteiro é o máis significativo desta parroquia, fundado no século X polo bispo de Mondoñedo e dotado de terras, mobiliario litúrxico e obxectos preciosos. Foi un mosteiro de relixiosas pero desapareceu como tal no século XIV para converterse só en igrexa.

 

 

Ó seu carón hai un cruceiro datado de 1679. Cando se fundou a parroquia de Nosa Señora das Dores que pretendía aglutinar a Lalín de Arriba, o Mosteiro de San Martiño estivo a piques de ser derrubado pero foron os propios veciños os que conseguiron salvalo.

O Ceip Xesús Golmar puxo o nome de San Martiño á súa revista escolar dende o curso 2000-2001.

ESTAMOS AQUÍ



story | by Dr. Radut