Outubro e Novembro ofrecéronnos dúas datas importantes a celebrar: unha festexámola con letras e a outra con xogos populares, música tradicional e castañas ben asadiñas. O Día das Escritoras e o Magosto son dúas festividades que nos axudan a lembrar o tan bonita, enriquecedora e plural que é a nosa cultura galega e o noso idioma.