Skip to Content

23 de febreiro, día de Rosalía de Castro

Hai século e medio, unha moza con pouco máis de vinte anos mudou a Historia. Iso de mudar a Historia non é cousa que aconteza todos os días. Ela era consciente de que os seus libros abrían camiños, que con eles “levantaba unha bandeira” da que non ía desertar.
De feito, este recanto do mundo chamado Galiza non é o mesmo após Rosalía de Castro. Hai un antes e un despois. As palabras que lanzou abriron moitos ollos e calmaron moitas sedes.
Na escola —nunca o esquezamos—, a rapazada que usaba a lingua de Follas novas era castigada vilmente. As palabras de Rosalía dábanlle dignidade e sentido á fala do pobo galego e ás súas vidas sen nome.
No colexio conmemoramos  un ano máis o Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, aniversario do nacemento da autora.
Co lema “Un poema e unha flor” o alumnado  celebrou o día cunha plantación de flores no “noso xardín de Rosalía “, tivemos a  visita escenificada da “nosa Rosalía “, que falou co alumnado da súa vida e recirtoulle poemas.
O alumnado agasallou a Rosalía con poemas , cancións e flores.

 



page | by Dr. Radut