Skip to Content

Letras Galegas 2022

 Florencio Delgado Gurriarán

 

Pandeirada (Galicia Infinda, 1963)

Nenas, vinde á pandeirada,
que sinto, no peito, o adufe
do meu desexo, rapazas.

Os ollares churrusqueiros
son mans a bater no adufe
que anda a soar no meu peito.

Nenas, vinde á pandeirada,
a pór acordes co adule
es ferreñas das risadas.

(¡Estoupe, que estoupe, que estoupe o pandeiro;
nas bocas froridas que estoupen os beixos;
estoupen os risos e os salaios ledos;
estoupe o xustillo, gaiola dos peitos!)

Ledicia da pandeirada:
arcos-peitos, branco-adufe,
frechas-tentacións o rachan.

Eléitrico de desexos
vai esteupar meu adufe
co bater dos vosos beizos.

Ledicia da pandeirada:
acordes co meu adufe
vosas ferreñas, rapazas.

(¡Tanxe, que tanxe, nena rebuldeira,
coas mans que buligan coma volvoretas.
Tanixe, que tanixe, tamén eu tanxera
a bicos, o adufe da boca bermella!)

 



page | by Dr. Radut