Skip to Content

Instrucións para a solicitude de comedor correspondente ao curso 2021-2022

Prezadas familias:

Segundo a Instrución 2/2021, do 1 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-22.
NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE COMEDOR:
-    O alumnado que fixo uso do transporte durante o curso 2020-21, sendo usuario lexítimo.
-    Alumnado de Servizos Sociais.
-    Alumnado cunha minusvalía igual ou superior ao 33%.
-    Alumnado membro de familias numerosas.

Únicamente terán que cubrir o impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrucción, antes do 08/09/21. (Poderase descargar na páxina web do cole).

Todo o alumnado que fixo uso do comedor escolar durante o curso 2020-21 por INCOMPATIBILIDADE HORARIA  terá que presentar:

-    Informe de vida laboral ou certificado da unidade de persoal.

-    Certificación de empresa da xornada e o horario de traballo.

-    Certificación xustificativa de alta no IAE.

-    Declaración responsable sobre a vixencia da actividade económica.

-    Certificación da unidade de persoal ao que pertence a persoa empregada pública.


TERÁN QUE PRESENTAR OBRIGATORIAMENTE SOLICITUDE DE COMEDOR:
-    Todo aquel alumnado novo que queira facer uso do comedor escolar no curso 2021-22.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 9 de xullo.

ANEXO  II

 



page | by Dr. Radut