Skip to Content

Paco Lareo

 

 

Francisco Lareo Morao (1938-2012)                                                                       

Polifacético artista cruceño. Cursa estudos en Madrid e Venezuela.
Emigrante, artista recoñecido, impulsor da cultura e das artes no medio rural, creador da fundación que leva o seu nome, aglutinou ao seu redor persoas de todas as idades e condicións celebrando xuntanzas interxeracionais e internacionais, cunha base común, a preocupación pola cultura a arte e a formación.

En 1985 regresa á súa aldea natal,  Piloño, creando a asociación cultural “O Labrego”, xerme do que hoxe é a “Fundación Paco Lareo”, con actividades como a “Xuntanza e Obradoiro das Artes Plásticas”, “Encontros Culturais no Rural” ou “A Forxa Literaria”.
Recibe varios premios pola súa obra, espallada por todo o mundo, deixándonos unha pequena mostra da mesma, que preside a nosa Biblioteca.

De xeito altruísta elaborou o emblema do noso centro, no que pon de manifesto a importancia do ensino no desenvolvemento social e cultural. Dicía que o ensino sempre suma e multiplica  e así o deixou plasmado.

Deixounos tamén unha pequena mostra da súa extensa obra pictórica que preside a nosa Biblioteca.
Grazas Paco polos momentos compartidos e polo teu legado, dende sempre e para sempre formas parte da nosa comunidade.


                               



page | by Dr. Radut