Falece aos 74 anos o polifacético artista cruceño Paco Lareo, fundador de A Solaina, no entanto Paco segue entre nós.
Amigo de todas as persoas, emigrante, artista recoñecido, impulsor da cultura e das artes no medio rural, creador da fundación que leva o seu nome, aglutinou ao seu redor persoas de todas as idades e condicións cunha base común, a preocupación pola cultura e a formación.
De xeito altruísta elaborou o logotipo do noso centro, no que se pon de manifesto o seu pensamento sobre o ensino e a súa importancia no desenvolvemento social e cultural dicía que o ensino sempre suma e multiplica e así o deixou plasmado.
Pero foi máis alá, deixounos tamén unha pequena mostra da súa extensa obra pictórica que preside a nosa Biblioteca.
Grazas Paco polos momentos compartidos e polo teu legado, dende sempre e para sempre formas parte da nosa comunidade.