Skip to Content

Semana das Artes

ESTRUTURA "PEIXES DA MARIÑA"

 

Como xa vos contáramos, os nen@s da clase da XIRAFA fixemos uns peixiños e outros animais mariños para preparar unha estrutura sobre os "Peixes da Mariña" que vos queremos mostrar na exposición que se abrirá esta semana na Casa da Cultura de Burela con motivo da Semana das Artes Plásticas.

Queremos ensinarvos como elaboramos esa estrutura que nos prepararon os alumn@s do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo, que colaboraron con nós, xunto cos seus profesores,aos que dende aqui damos as grazas.

Esperamos que vos guste!!!

Non deixedes de visitar a exposición, seguro que será do voso agrado!!!

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 

Semana das Artes Plásticas na Mariña

Aquí podedes ver un resumo do traballo realizado por todo o centro para a "Semana das Artes Plásticas na Mariña".

O tema deste ano é precisamente "A Mariña", por iso no noso centro decidimos botar unha o

llada ao noso arredor e fixarnos ben nas marabillas que tamén hai pola nosa zona e que non sempre apreciamos. De feito cando o noso profe nos amosou unha silueta na clase tardamos en darnos conta de que se trataba... Confundimos o antigo faro de Burela cun sombreiro de bruxa ou cun cactus... Pensamos que as catedrais era uns pantalons cunhas botas.. Que a Porta de Carlos V era un gran castelo, etc. 

Unha vez descuberto o monumento puxémonos a traballalo utilizando técnicas distintas. Para iso contamos coa axuda de tres artistas: Eva Rivas, Cristina Basanta e Zili Katova.

Pero iso non foi todo, os nenos e nenas da clase de 5 anos fixeron con barro "Peixes do noso mar" e tiveron uns colaboradores moi especiais: os alumnos e alumnas do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo.

Para ver todo o proceso, mirade o vídeo.

 

 

E nos vos esquezades de que proximamente inauguraremos unha exposición con todo o noso traballo! 

Arte na clase de catro anos

Na clase de catro anos con motivo da próxima celebración da Semana das Artes Plásticas na Mariña contamos coa colaboración dunhas estupendas artístas. Ensináronnos moitas cousas e axudáronnos a facer a nosa propia obra de arte que, no noso caso, tratábase do faro de Burela. 

Asique os diseñadores do novo faro de Burela poden tomar nota dos nosos diseños que seguro lles serían de moi boa axuda porque quedaron preciosos!!!

Gracias pola vosa colaboración Eva e Cristina.

 

Taller de Pintura en 6º B

Este luns, día 16, a  pintora Zilí Catova impartiu para nós un taller de pintura.

Explicounos moitas cousas sobre as cores, a maneira de mesturalas para obter outras novas...aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben. Ao final pintamos a catedral de Mondoñedo.

Estámoslle moi agradecidos a esta gran pintora.

            Graciñas Catova!!!!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut