Skip to Content

blogue deTamara Suárez

O caderno do camiño

GRADUACIÓN 2024

O pasado xoves celebramos a graduación do noso alumnado de 6º, que remata a súa etapa con nós. Foi un acto moi emocionante que prepararon con moita ilusión. Agradecendo a familias, profesorado, compañeiros e ANPA todo o compartido durante estes anos. 

Ademais desfrutamos dun vídeo no que vimos canto cambiaron e moitos dos seus mellores momentos con nós.

A continuación, recibiron de man dos seus titores, os diplomas e orlas, e tamén un agasallo de parte da ANPA (grazas!).

E xa por último, realizaron un baile cun remix de cancións nas que recordaron o seu inicio en 3 anos coas profes Dolo e María, xunto con outras cancións significativas e emotivas!

Moitos parabéns a todos/as! Desexámosvos o mellor! Aquí tedes a vosa casa sempre aberta...Ata sempre!

 

Concursos nesta avaliación

O noso alumnado participou en numerosos concursos ao longo da avaliación:

Jimena, Jorge e Lara conseguiron premios nos concursos de narración e debuxo sobre a Muralla de Lugo:

Jimena conseguiu gañar tamén o concurso IlustrarNós, no que tiña que "debuxar" a festa en Galicia:

Tamén convidaron a Jimena á inauguración dunha exposición sobre a doazón que se celebrou no HULA cos carteis gañadores do curso pasado:

Jime conseguiu tamén o segundo premio no concurso "Mellor Xornalista" que orgnaiza La voz de Galicia:

E xa por último, tamén tivemos varios gañadores no certame que organiza a biblioteca, tanto na fase local: Jimena, Jorge, Noa Mera, Uxía e Sara, xunto con máis alumnado do cole doutras categorías. No de debuxo: Jimena, Jorge, Uxía, Iván. E na fase provincial: Jimena (doblemente premiada) e Iván.

PIM PAM EXPERIMENTA

O pasado curso participamos no programa do Xabarín sobre divulgación científica "Pim Pam Experimenta". Agora xa o podemos ver:

O primeiro programa sobre "FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS":

https://xabarin.gal/videos/112709-os-fenomenos-atmosfericos/

 

O segundo programa sobre "FLUIDOS":

https://xabarin.gal/videos/112692-pim-pam-experimenta-26/

Distribuir contido


by Dr. Radut