Skip to Content

Semana das Artes Plásticas na Mariña

Aquí podedes ver un resumo do traballo realizado por todo o centro para a "Semana das Artes Plásticas na Mariña".

O tema deste ano é precisamente "A Mariña", por iso no noso centro decidimos botar unha o

llada ao noso arredor e fixarnos ben nas marabillas que tamén hai pola nosa zona e que non sempre apreciamos. De feito cando o noso profe nos amosou unha silueta na clase tardamos en darnos conta de que se trataba... Confundimos o antigo faro de Burela cun sombreiro de bruxa ou cun cactus... Pensamos que as catedrais era uns pantalons cunhas botas.. Que a Porta de Carlos V era un gran castelo, etc. 

Unha vez descuberto o monumento puxémonos a traballalo utilizando técnicas distintas. Para iso contamos coa axuda de tres artistas: Eva Rivas, Cristina Basanta e Zili Katova.

Pero iso non foi todo, os nenos e nenas da clase de 5 anos fixeron con barro "Peixes do noso mar" e tiveron uns colaboradores moi especiais: os alumnos e alumnas do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo.

Para ver todo o proceso, mirade o vídeo.

 

 

E nos vos esquezades de que proximamente inauguraremos unha exposición con todo o noso traballo! 



blog | by Dr. Radut