Skip to Content

Semana das Artes

Semana das Artes Plasticas na Mariña 2016

Un ano máis, con motivo da Semana das Artes Plásticas na Mariña, varios artistas viñeron ao cole para traballar cos nosos nenos e nenas e compartir un anaquiño do seu tempo e da súa arte.

Grazas Adriana Pardo, Héctor Manase, Tamara Casabella, Zilí Katova e José Bruzos!

E grazas tamén ao alumnado e profesorado do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo.

No vídeo podedes ver un resumo das actividades realizadas e da exposición final de todos os traballos na Casa da Cultura de Burela.

ARTE CON ADRIANA

Chegado o mes de abril, na Mariña conmemorárase a SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS, e no noso colexio estamos recibindo a diferentes artistas que se brindaron a colaborar con nós.

Os nen@s de E. Infantil de 3 e 4 anos contamos coa colaboración da artista ADRIANA PARDO, quen nos ensinou a facer pintura con elementos naturais e con ela facer despois un mural.

Divertímonos moito e dende aqui queremos mostrarvos a nosa experiencia.

Aproveitamos para darlle as gracias a ADRIANA e a todos os artistas colaboradores!!!

 

Aberta a exposicion da "Semana das Artes Plásticas na Mariña"

  Dende o 22 de abril ata o vindeiro 5 de maio está aberta a exposicion da "Semana das Artes Plásticas na Mariña" na Sala de Exposición da Casa de Cultura do Concello de Burela. O alumnado do noso centro participou nesta actividade facendo moitas obras de arte e pintura que se poden ver na exposición.

Dende o centro animamos a todas as familias a visitar dita exposición.

Horario de visita: de luns a venres de 10 a 13h e de 17 a 20h.

Para ampliar as imaxes premer nelas.

           

CENIMA. Exposición Semana Artes Plásticas da Mariña.

O alumnado  de 5º e 6º visitamos no CENIMA a Exposición Semana Artes Plásticas da Mariña.

Os artistas explicáronnos e axudáronnos a entender as obras que se mostran.

Unha experiencia moi divertida!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut