Skip to Content

Educación Infantil

Os músculos do noso corpo

Ola de novo, 

Despois de aprender moitas cousas sobre os ósos, os nenos e nenas da clase do oso descubrimos os músculos.

Que son? Como son? Para que serven? Cantos temos?

Botádelle un vistazo ao vídeo e veredes o moito que traballamos, e sobre todo, o que disfrutamos aprendendo!

 

 

O noso proxecto: O Corpo Humano

                   Ola a todos!                          

Fai algún tempo, na clase do oso comezamos un novo proxecto. O noso osiño Lunar escribeunos unha carta e deixounos unha caixiña cun montón de cousas... Algunhas que xa coñecíamos, outras que creíamos coñecer e outras que non tiñamos nada claro...

 

Entre todos, apuntamos as cousas que sabíamos e as cousas que queríamos aprender... E aí empezou a nosa aventura, con moitas ganas e ilusión!

         

Botádelle un ollo ao vídeo, xa veredes canto estamos traballando e canto estamos aprendendo! E aínda nos queda moito, isto é só o principio...

 

A frase de Malala

Ola a todos!

Os nenos e nenas da clase do oso aprendimos moitas cousas sobre Malala (onde naceu, quen era a súa familia, que lle gustaba e que non, a súa loita, o atentado que sufriu....), posto que como xa sabedes, foi á persoa que lle adicamos o Día da Paz no noso cole este ano. Tamén descubrimos que lle gustaba moito ir á escola e que loitou e loita para que todas as nenas podan ir ao cole. 

A nós, tocounos elaborar o retrato de Malala, que como podedes ver, quedounos moi chuli!

Cando cumpriu 16 anos foi invitada a unha reunión moi importante, alí dixo esta frase:

 

DÍA DA PAZ

 

O pasado venres 30 de Xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz, que este ano decidimos adicarllo a MALALA YOUSAFZA, Premio Nobel da Paz 2014.

Os nenos e nenas da clase da xirafa elaboramos un traballo no que presentamos á súa familia e de onde ven o seu nome. Os nosos compañeiros da clase da outra xirafa contáronnos cousas de como é Malala e do que lle gusta e do que non así como do que quer ser de maior.

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Distribuir contido


by Dr. Radut