Skip to Content

Educación Infantil

UNHA VISITA MOI ESPECIAL NA CLASE DO OSO LUNAR

Xa estamos rematando o proxecto sobre "O NOSO CORPO", pero aínda nos falta por contarvos algunhas cousas.

Fai uns días visitaronnos dúas enfermeras moi especiais, ANA e TERE, que son as mamás de Mateo e Noel. Ensináronos onde traballan, como traballan, con que traballan e moitas cousas máis.

Botádelle un ollo ao vídeo!

 

MOITAS GRAZAS por colaborar con nós!

VISITA DE PEPE CARREIRO

Esta semana recibimos unha visita moi especial no cole. 

Veu Pepe Carreiro, o creador de "Os Bolechas".

Desde fai tempo encántanos ollar, ler e que nos lean as aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu can, Chispa.

Pepe Carreiro amosounos o ben que debuxa. Debuxounos un montón de animais pero o que máis ilusión nos fixo foi ver como debuxaba a Chispa!

Disfrutamos un montón nenos, profes e tamén Libruxa.

 

Visita de "Pepe Carreiro"

Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil recibimos a visita do debuxante dos contos dos BOLECHAS, Pepe Carreiro, dentro da campaña de Animación á Lectura promovida dende a biblioteca do noso centro, con quen disfrutamos dun ratiño moi agradable no que nos debuxou varios personaxes que poderían ser protagonistas de calquer fermoso conto, ademáis, como non, dalgún personaxe dos Bolechas,...

A Libruxa tamén lle encantou a súa visita. 

Moitas grazas!!!! 

 

Click to play this Smilebox collage

ESTRUTURA "PEIXES DA MARIÑA"

 

Como xa vos contáramos, os nen@s da clase da XIRAFA fixemos uns peixiños e outros animais mariños para preparar unha estrutura sobre os "Peixes da Mariña" que vos queremos mostrar na exposición que se abrirá esta semana na Casa da Cultura de Burela con motivo da Semana das Artes Plásticas.

Queremos ensinarvos como elaboramos esa estrutura que nos prepararon os alumn@s do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo, que colaboraron con nós, xunto cos seus profesores,aos que dende aqui damos as grazas.

Esperamos que vos guste!!!

Non deixedes de visitar a exposición, seguro que será do voso agrado!!!

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Distribuir contido


by Dr. Radut