Skip to Content

Educación Infantil

Traballamos a prensa na aula de catro anos

Na clase do caracol traballamos coa prensa e de paso aproveitamos para presentar os nosos traballos a un concurso convocado pola Voz de Galicia.

Cada neno trouxo da súa casa unha noticia traballada cos seus papas que, posteriormente presentou e explicou na clase. 

Despois cada un fixo o debuxo da súa noticia e pintouno.

Quedaron xenial as noticias, nada que envidiar aos periodistas más prestixiosos.

Agradecemos tamén aos papas que colaboran na formación dos seus pequenos traballando conxuntamente coa escola.

 

 

Que pasa coa comida ao entrar no noso corpo?

Na clase do Oso seguimos investigando sobre o noso corpo.

Estivemos aprendendo o que sucede no noso corpo coa comida.

Primeiro explicámoslle a Lunar o que nos sabíamos:    

 

Despois comezou o noso traballo, "limos" libros, vimos vídeos, 

experimentamos, xogamos... e mirade canto aprendimos!

Non vos esquezades de entrar na aula virtual, para a través das actividades lim, seguir repasando todo o que levamos aprendido!

Arte na clase de catro anos

Na clase de catro anos con motivo da próxima celebración da Semana das Artes Plásticas na Mariña contamos coa colaboración dunhas estupendas artístas. Ensináronnos moitas cousas e axudáronnos a facer a nosa propia obra de arte que, no noso caso, tratábase do faro de Burela. 

Asique os diseñadores do novo faro de Burela poden tomar nota dos nosos diseños que seguro lles serían de moi boa axuda porque quedaron preciosos!!!

Gracias pola vosa colaboración Eva e Cristina.

 

O noso pobo

Os nen@s da clase da xirafa B, cando traballamos a unidade didáctica do pobo, aprendimos os lugares máis representativos de Burela e as nosas direccións, axudándonos dun plano.                                                                        

 

Click to play this Smilebox collageCreate your own collage - Powered by SmileboxCreate your own free photo collage>

 

Distribuir contido


by Dr. Radut