Skip to Content

Educación Infantil

Exipto na clase da Xirafa

Na clase da xirafa tamén descubrimos moitas cousas sobre os exipcios... A "momia Tamara" falounos da diferenza que había entre as casas dos faraóns e da xente pobre, dos dioses que tiñan, da evolución das pirámides e da teoría, nunca comprobada, de que servían para enterrar aos faraóns, os sarcófagos, os amuletos (escaravellos...) e o proceso de momificación, a escritura exipcia, e de moito máis.

Tamara, agradecémosche moito a súa visita!

Ademais, tivemos un sarcófago na clase, fixemos momias, compuxemos o noso nome con letras exipcias e ata chegou a robótica á nosa clase,"Bolita luminosa" (unha amiguiña do profe David), coa que comprobamos o moito que aprendimos.

A Prehistoria na clase da Xirafa

Durante este primer trimestre, os nenos e nenas da clase da Xirafa estivemos investigando sobre a prehistoria. No seguinte vídeo podedes ver moitas cousas das que aprendimos e fixemos.

NADAL NA CLASE DO CARACOL

Dende a CLASE DO CARACOL A queremos mostrarvos como foi a nosa participación nas actividades do NADAL organizadas no noso cole, e aproveitamos para desexarvos a tod@sunhas MOI FELICES FESTAS!!

 

Click to play this Smilebox slideshow
 

FELICES FESTAS

 

Os nenos, nenas e mestras da clase do "OSIÑO A" queremos desexarvos unhas moi BOAS FESTAS e un moi FELIZ 2016 a todos e todas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut