Skip to Content

Exipto na clase da Xirafa

Na clase da xirafa tamén descubrimos moitas cousas sobre os exipcios... A "momia Tamara" falounos da diferenza que había entre as casas dos faraóns e da xente pobre, dos dioses que tiñan, da evolución das pirámides e da teoría, nunca comprobada, de que servían para enterrar aos faraóns, os sarcófagos, os amuletos (escaravellos...) e o proceso de momificación, a escritura exipcia, e de moito máis.

Tamara, agradecémosche moito a súa visita!

Ademais, tivemos un sarcófago na clase, fixemos momias, compuxemos o noso nome con letras exipcias e ata chegou a robótica á nosa clase,"Bolita luminosa" (unha amiguiña do profe David), coa que comprobamos o moito que aprendimos.



blog | by Dr. Radut