Skip to Content

Educación Infantil

O SAMAÍN DOS CARACOIS B

Os caracois B tamén queremos amosarvos como celebramos o Samaín entre pantasmas e cabazas terroríficamente divertidas. Foi un día cheo de emocións e pasámolo tan ben cociñando, pintándonos coma bruxas e monstros, xogando coas caixas misteriosas... que a mellor forma para rematar a festa e recuperar os folgos foi disfrutando dunha comilona gatuna asombrosa e deliciosa.
 
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!
 
 
 

SAMAÍN NA CLASE DO CARACOL

Dende a clase do CARACOL A tamén vos queremos mostrar como disfrutamos do SAMAÍN. Colocamos as cabazas decoradas, fomos á biblioteca descubrir obxectos ocultos nas caixas sorpresa, participamos no taller de cociña, fixemos manualidades terroríficas, pintámonos e logo saímos ao patio e alí comemos todos xuntos a receita que antes preparáramos.

Foi terrorificamente divertido!!! 

 

 

O Samaín

O Samaín na clase da Xirafa A

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow created with Smilebox

Día das Bibliotecas Escolares

O día das Bibliotecas Escolares Libruxa propúxonos unha actividade que consistia en escribir ou debuxar nun papeliño o que esperabamos da nosa biblioteca neste novo curso que comezaba. 
Os nenos e nenas da clase da xirafa puñemos a funcionar o noso cerebro e ocurríronsenos cousiñas como que esperabamos ... poder soñar cos seus contos, rir, pensar investigar etc...
Agardábano tamén outra sorpresa nun cofre que abreu a nosa compañeira Gabriela,Libruxa encomendounos unha nova misión; investigar sobre Miró, un pintor famoso. Coido que Libruxa sabe que os nenos e nenas da clase da xirafa son expertos investigadores. 
 
 
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut