Skip to Content

Educación Infantil

Novos desafíos! 3º Trimestre

Unha vez pasada a Semana Santa máis peculiar das nosas vidas, voltamos á acción!

Para esta semana propoñémosvos os seguintes DESAFÍOS e para moverse... un XOGO DA OCA personalizado!

Podedes seguir enviándonos algunha foto ou vídeo das actividades que ides realizando para facer un seguimento das mesmas ao correo electrónico infantilvista@gmail.com.

 

DESAFÍOS

  • Debuxa unha forma xeométrica que cumpra os atributos de cada tarxeta. Eres quen de atopar pola casa 4 obxectos que cumpran os atributos? Exemplos: a 1ª forma sería un cadrado grande vermello e a última un círculo grande que non sexa azul.

  • Crea un circuito pegando cinta illante no chan. Despois camiña sobre ela (para engadir dificultade podedes poñer algún obstáculo ou pechar os ollos). Se pisas fóra pode vir un crocodilo comerte!
  • Crea unha cabana con sábanas, caixas... para contar historias e contos dentro dela.
  • Fai un obradoiro de maquillaxe. Maquilla a un/unha familiar, a ti mesmo/a ou que te maquillen!
  • Pinta un pano ("servilleta") de papel (ou un cacho de papel de cociña) con rotuladores polas marcas.

  • Xoga coas sombras e intenta facer algún animal dos seguintes ou crea o teu propio!

  • Pon a proba os teus SENTIDOS:

1. OLFACTO. Inflúe o olfacto á hora de saborear os alimentos? Imos comprobalo. Tapa o nariz con dous dedos, bota a lingua fóra e que algún familiar che poña un pouco de canela na lingua. Saborea co nariz tapado e, logo duns segundos, destapa o nariz. Se queredes engadir dificultade, podedes intentar adiviñar a sustancia que nos poñen na lingua cos ollos pechados.

2. GUSTO. Elabora un batido de froitas e escribe a súa receita, indicando ingredientes, cantidades e proceso de elaboración (1º, 2º, 3º...).

3. VISTA. Colle os obxectos que queiras (entre 5 e 10) e ponos en ringleira diante túa. Tapamos os ollos e un familiar retira un deles. Eres quen de lembrar o obxecto que falta?

4. TACTO. Cos ollos tapados, un familiar daranos distintos obxectos (de 1 en 1) para intentar adiviñar o que son. Se o necesitan, o familiar pode propocionarlle pistas.

5. OÍDO. Intenta adiviñar os distintos sons da casa. No vídeo aparecen as siluetas dos obxectos. Poden facelo sen mirar e, se o precisan, mirar a silueta como pista.

 

  • Gustaríache ter unha foto cun TIBURÓN, cun OSO PANDA ou cun LEÓN? Agora podes facelo sen moverte do sofá. Tan só tes que escribir en Google (no móbil, non no ordenador) o nome do animal e pinchar en "Ver en 3D". Pero non vale que o escriba mamá ou papá eh! Escribide o nome dos animais nunha folla, collede o móbil e... a escribir (podedes poñer o teclado en maiúsculas se eles/as o prefiren).

  • Tamén vos deixamos unhas actividades interactivas (podénas facer directamente no móbil). Teñen diferentes niveis de dificultade: as primeiras son máis sinxelas (composición de palabras, recoñecemento de palabras e vogais) e a última ten maior dificultade (T ou R). Na esquina inferior dereita de cada actividade hai un botón para poñelas a pantalla completa.

 

PARA MOVERSE

 

Pincha aquí para ver o taboleiro a tamaño completo.

Para poder xogar só necesitades un dado (de non telo, podédelo elaborar). Podedes empregar o taboleiro da oca tradicional e ir mirando o que toca en cada círculo ou facer unha recta numérica ata o 63 e ir poñendo encima unha ficha/pedriña/tapón para non perderse.

Moito ánimo!

Actividades COVID-19 semana 3

Ao igual que a semana pasada, para esta semana (última antes das "vacacións" de Semana Santa) deixámosvos 10 RETOS, máis ideas de ACTIVIDADES (non teñen porqué facelas todas, simplemente intentamos darvos variedade para que teñades onde elixir) e uns VÍDEOS para moverse.

Lembrámosvos o noso correo electrónico para que nos sigades enviando 1 foto ou vídeo dalgún reto ou actividade das que vos propoñemos: infantilvista@gmail.com. Moitísimas grazas!

 

RETOS

1. Fai 10 bolas con papeis usados que xa non necesites (antes de reciclalos no colector azul) e intenta ENCESTAR as máximas posibles nunha papeleira, nunha caixa, nun cubo... Compara o teu resultado cos da túa familia (quen encestou máis, cantas máis, quen encestou menos, cantas menos, empate…). Tamén podedes facer un ranking e intentar superarvos cada día.

2. Aprende a facer unha TRENZA. Podes usar o pelo dun familiar, 3 cordóns, 3 palliñas…

3. MASA DE MODELAR caseira.

 

Fonte: aulasgalegas.org/plastilinas-caseiras

4. Completa 3 sesións de IOGA.

Sesión 1.

Sesión 2.

Sesión 3.

5. Presenta a túa MERENDA dun xeito orixinal, para que semelle un animal ou calquera outra cousa que se che ocurra.

 

6. TRANSFORMA un brick de leite, unha oveira, unha botella de auga… en algo totalmente distinto.

7. Eres capaz de chegar do salón á túa habitación cos OLLOS PECHADOS? A túa familia proporcionarache as indicacións necesarias: 4 pasos cara diante, 3 á dereita (se non saben dereita/esquerda, practicar previamente cal é cal).

8. Creatividade ao poder. Que podes DEBUXAR a partir deste punto? Pódelo colocar no lugar do folio que queiras (non ten porqué estar no centro).

9. ADIVIÑA adiviña. [Unha pista: son cousas relacionadas co proxecto do cole, co mar!]

10. Animais PROGRAMADOS. A onde chega cada animal mariño seguindo as indicacións que nos dan as frechas? Podedes debuxar o panel nun folio e ir movendo unha ficha que simule o animal ou ir debuxando o camiño cun lapis. 


 

ACTIVIDADES

- Identificar EMOCIÓNS ou SENTIMENTOS que exprese un familiar mediante mímica: contento, triste, enfadado…

- Fomentar que os nenos e nenas expresen COMO SE SENTEN en distintos momentos do día: cando se levantan, antes, durante ou despois de bañarse, de realizar algunha actividade ou algún xogo, de ver unha peli, etc.

- O 27 de marzo foi o "Día do TEATRO". Disfrázate e cóntanos un conto ou unha historia!

- Imitar SONS e/ou MOVEMENTOS de animais e que un familiar trate de adiviñalos, ou viceversa.

- Debuxa/grava un vídeo ou audio explicando que cousas vas facer cando poidamos saír das nosas casas.

- CONSTRÚE torres, cidades, esculturas… con material de refugallo que vaiades xerando (rolos de WC, bricks, envases, iogures, caixas de cartón…).

- Elabora a LISTA DA COMPRA escribindo ao lado de cada cousa o número de unidades que necesitamos. Cando chegue a compra, revisar que efectivamente mercamos o mesmo número de unidades que anotamos previamente. 

- Elabora un DOMINÓ de imaxes:

1º: fai fichas do mesmo tamaño e divideas á metade. emprega cartóns (de caixas de cereais, de bricks…).

2º: recorta alimentos dun folleto do súper, necesitarás varias imaxes do mesmo alimento para que o dominó funcione (varias mazás, varias caixas de galletas, varias tabletas de chocolate…). Cando teñas as imaxes recortadas terás que pegar dúas en cada ficha. Por exemplo: plátano-tableta de chocolate, mazá-mazá, botella de auga- xel de baño, tableta de chocolate-xel de baño….

- Tamén podes elaborar un BINGO de imaxes, dividindo cada cartón en 8 casillas e en cada casilla pegando un alimento do folleto do súper. Podes facelos de moitas temáticas: con imaxes de calquera cousa que se che ocorra e teñas á man, con puntos, con números, con letras, con nomes, con símbolos inventados….

- Fai un 3 EN RAIA con material reciclado (papel, cartón, tapóns de botellas...), customízao e a xogar!

- ORDEA obxectos que teñas pola casa seguindo un criterio dado: de máis alto a máis baixo, de máis grande a máis pequeno, de máis groso a máis estreito…

- Forma LETRAS co teu propio corpo.

- Facer DESCRICIÓNS de imaxes, fotos familiares… Por exemplo: hai unha persoa ao lado de _____________ e está facendo _____, leva posto ________ ….

- Pon a proba os teus SENTIDOS: COS OLLOS TAPADOS describir (é grande/pequeno, duro/brando, suave/áspero, liso/rugoso…) e tratar de adiviñar que obxecto é o que nos da un familiar mediante o tacto, escoitar un son e tratar de adiviñar de que se trata, describir unha comida que nos da un familiar (salgado, doce, ácido, amargo…) e intentar adiviñar o que é, describir diferentes aromas (perfume, xel de baño, comidas, especias, flores) e intentar adiviñar o que é…

- Busca 5 cousas de cada COR que haxa na túa casa.

- EXPERIMENTA para intentar atopar unha vacina para o virus (mesturando auga, aceite, colorantes... ou o que se che ocorra). Podes enviarnos un vídeo ou audio explicándonolo!

- Como acabarías ti co virus? Envíanos un audio ou vídeo explicándonolo!

 

Tamén podedes realizar algunha das actividades propostas nas SEMANAS ANTERIORES ou repetir as mesmas, perfeccionándoas.


 

A MOVERSE!

 

 

 

 

 

Actividades COVID-19 semana 2

Esta semana propoñémosvos 10 RETOS e unhas cantas ACTIVIDADES! Ademais, deixámosvos máis VÍDEOS para mover o esqueleto!

Xa que non podemos vernos presencialmente, creamos unha conta de CORREO ELECTRÓNICO para que poidades enviarnos fotos/vídeos dos retos e das actividades (así como das receitas de cociña que sigades facendo ou realizando tarefas domésticas) Así, poderemos preparar unha sorpresiña en forma de vídeo para que as nenas/os vexan que todos/as estamos traballando nas nosas casas! Tamén podedes empregalo como medio para facernos chegar as vosas dúbidas/propostas.

A dirección de correo electrónico é: infantilvista@gmail.com 

RETOS

 

EXPLICACIÓN DOS RETOS

1. Crea un MANDALA con diferentes materiais: comida, tapóns, canicas, ceras, roupa...

2. Segue este RITMO empregando distintos medios para realizalo: partes do corpo, menaxe de cociña... 

3. Forma unha TORRE de rolos de papel hixiénico (5-10). Transpórtaos, de 1 en 1, para formar a torre noutro punto marcado previamente. Es capaz de facelo en 1 minuto?

4. MEMORIA E RAPIDEZ. Busca na casa 5 cousas que che diga outra persoa. En canto tempo eres capaz de facelo

5. Aprende a ATAR os cordóns das zapatillas.

6. Es capaz de facer o SWISH SWISH?

7. Convirte unha CAIXA DE CARTÓN en algo totalmente diferente!

8. SOPRA QUE TE SOPRA. Crea un circuito (con plasti, bloques, tapóns...). Fai unha boliña de papel, colócaa no inicio e, cunha palliña, sopra para levar a bola por todo o circuito. 

9. Pon a proba o teu EQUILIBRIO. Transporta un libro na cabeza polo corredor da túa casa sen que che caia e sen usar as mans. Podes marcar unha liña no chan se queres xogar a ser un/unha equilibrista!

10. Os atrapasonos atrapan pesadelos. Elabora un ATRAPACORONAVIRUS que atrape o famoso bicho con materiais que teñas pola casa e colócao na túa porta/ventá.


 

ACTIVIDADES

  • Elaborar unha AXENDA cos nomes e números de teléfono das persoas que máis nos importan. Cada día imos escoller unha para chamala. Marcaremos o seu número de teléfono dictado por outra persoa (se non sei algún número dos que me dictan empregaremos unha recta numérica contando dende 1 en diante para atopalo). Outro día poden ser as nenas/os as que dicten o número a outra persoa.
  • Humedece un algodón e colócao nun recipiente (vaso, envase de iogur...). Pon 5 garabanzos dentro. Repite a mesma operación con lentellas e fabas. Comproba diariamente a súa evolución e mantén sempre o algodón húmido. Cal é o primeiro en XERMINAR?
  • Busca un envase de 1 litro de capacidade e uns vasos. Enche o envase de AUGA. Cantos vasos poderemos encher coa auga do envase? Comprobemos. E se o recipiente fose de 2 litros, cantos vasos encheríamos? Comprobemos.
  • Realizar SERIES con alimentos ou materiais que teñades na casa. Por exemplo: macarrón-garabanzo, pinza vermella-pinza verde, lentella-lentella-arroz...
  • Debuxar cadrados, rectángulos ou triángulos no chan, cortar ESPAGUETIS do tamaño das liñas e colocalos enriba de cada figura. Cantos lados ten cada figura? Por que non podemos facer un círculo con espaguetis?
  • Inventa un BAILE para a túa canción favorita.
  • Identificar os SENTIMENTOS das persoas que saen en revistas ou xornais. Recortar as fotos e facer un collage con cada sentimento. 
  • Busca letras maiúsculas en xornais (de ser necesario, as familias poden escribir a letra que ten que buscar), recórtaas e pégaas nun papel. Agora recorta cada letra e xa terás un ABECEDARIO de letras móbiles para compoñer palabras.
  • Elixe unha LETRA (podes aproveitar o abecedario móbil da actividade anterior) e pensa/escribe un animal, un nome de persoa (compañeiras/os, familiares...), unha comida e un obxecto que comece por esa letra.
  • Coa APP ChatterPix, gravar unha mensaxe. Poden elixir unha imaxe da propia app ou ben sacar eles unha foto a un peluche, debuxarlle unha boca e falar como se os peluches cobrasen vida!
  • Fai diferentes camiños no chan con cinta e... CARREIRA de coches/chapas!
  • Debuxa unha cara nun folio. Cando remates, colle un folio (se é de cor mellor) e faille cortes sen chegar ao final. Pégao na cara que debuxaches a modo de pelo. Despois colle a tesoira e... CÓRTALLE O PELO!


 

A MOVERSE!

Distribuir contido


by Dr. Radut