Sabedes que celebramos o domingo 17 de maio? Pois sí! O día das Letras Galegas! Este ano vai adicado a Ricardo Carvalho Calero. Este autor escribiu, entre moitas outras cousas, o conto As pitas baixo a choiva. Mestras do CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra) contánnolo así de ben:
A continuación deixámosvos uns cantos exercicios para os distintos niveis relacionados con Ricardo Carvalho Calero e o seu conto As pitas baixo a choiva. Fonte. Seminario Galán.
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ("3 anos")
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ("4 anos")
6º DE EDUCACIÓN INFANTIL ("5 anos")
Tamén podedes facer as seguintes actividades en liña sobre o autor e o seu conto (precísase ordenador):
- Actividades en liña 4º de Educación Infantil.
- Actividades en liña 5º de Educación Infantil.
- Actividades en liña 6º de Educación Infantil.
Ademáis, podedes divertirvos e traballar con estas ACTIVIDADES:
- Enche un recipiente non moi alto de cristal transparente busca o número enterrado en sal, azúcre, fariña... como se mostra neste vídeo. Podes facelo con letras, buscar o número que che diga un familiar...
- Apetéceche maquillar? Pintar as unllas? Neste vídeo móstrase como podes facelo empregando un anaco de cartón, pintura e cinta adhesiva! Atréveste?
- Como xa empeza a sentirse a calor, por que non facer unhas pinturas de xeo? Só necesitas auga, colorantes alimentarios das cores que che apeteza pintar, palillos e cubiteras. Cando estean ben conxelados ponte mans á obra!
Tamén podes facer os teus propios xeados caseiros empregando esta técnica! Só tes que botar na cubiteira ou en envases de iogur o teu refresco favorito, zume de froitas... e conxelalo! Tamén podes facer iogures xeados cravando un pau no teu iogur preferido!
- Anímaste a xogar ás palmas?
- Tea de araña. Coloca unha serie de cordóns ou lá de tecer dun sitio a outro do teu salón (por exemplo, atados ás cadeiras) como se se tratara dunha tea de araña. Debes intentar atravesala sen tocar a tea.
- Frío ou quente. Oculta ou que che oculten un obxecto pola casa, intenta atopalo utilizando as indicación de quente (preto) ou frío (lonxe).
- Sabes xogar a pedra, papel, tesoira? Seguro que alguén da túa familia che pode ensinar e pasar un anaco divertido!
- Deseña un menú diario, ou semanal se te atopas con forza! Deberás escribilo e debuxalo!
- Efecto dominó. Emprega pezas de dominó ou libros (cantos máis mellor), ponos en fila e empurra o último. Mira que rápido caen!
E esta semana, PARA MOVERSE...