Skip to Content

Novos desafíos! 3º Trimestre

Unha vez pasada a Semana Santa máis peculiar das nosas vidas, voltamos á acción!

Para esta semana propoñémosvos os seguintes DESAFÍOS e para moverse... un XOGO DA OCA personalizado!

Podedes seguir enviándonos algunha foto ou vídeo das actividades que ides realizando para facer un seguimento das mesmas ao correo electrónico infantilvista@gmail.com.

 

DESAFÍOS

  • Debuxa unha forma xeométrica que cumpra os atributos de cada tarxeta. Eres quen de atopar pola casa 4 obxectos que cumpran os atributos? Exemplos: a 1ª forma sería un cadrado grande vermello e a última un círculo grande que non sexa azul.

  • Crea un circuito pegando cinta illante no chan. Despois camiña sobre ela (para engadir dificultade podedes poñer algún obstáculo ou pechar os ollos). Se pisas fóra pode vir un crocodilo comerte!
  • Crea unha cabana con sábanas, caixas... para contar historias e contos dentro dela.
  • Fai un obradoiro de maquillaxe. Maquilla a un/unha familiar, a ti mesmo/a ou que te maquillen!
  • Pinta un pano ("servilleta") de papel (ou un cacho de papel de cociña) con rotuladores polas marcas.

  • Xoga coas sombras e intenta facer algún animal dos seguintes ou crea o teu propio!

  • Pon a proba os teus SENTIDOS:

1. OLFACTO. Inflúe o olfacto á hora de saborear os alimentos? Imos comprobalo. Tapa o nariz con dous dedos, bota a lingua fóra e que algún familiar che poña un pouco de canela na lingua. Saborea co nariz tapado e, logo duns segundos, destapa o nariz. Se queredes engadir dificultade, podedes intentar adiviñar a sustancia que nos poñen na lingua cos ollos pechados.

2. GUSTO. Elabora un batido de froitas e escribe a súa receita, indicando ingredientes, cantidades e proceso de elaboración (1º, 2º, 3º...).

3. VISTA. Colle os obxectos que queiras (entre 5 e 10) e ponos en ringleira diante túa. Tapamos os ollos e un familiar retira un deles. Eres quen de lembrar o obxecto que falta?

4. TACTO. Cos ollos tapados, un familiar daranos distintos obxectos (de 1 en 1) para intentar adiviñar o que son. Se o necesitan, o familiar pode propocionarlle pistas.

5. OÍDO. Intenta adiviñar os distintos sons da casa. No vídeo aparecen as siluetas dos obxectos. Poden facelo sen mirar e, se o precisan, mirar a silueta como pista.

 

  • Gustaríache ter unha foto cun TIBURÓN, cun OSO PANDA ou cun LEÓN? Agora podes facelo sen moverte do sofá. Tan só tes que escribir en Google (no móbil, non no ordenador) o nome do animal e pinchar en "Ver en 3D". Pero non vale que o escriba mamá ou papá eh! Escribide o nome dos animais nunha folla, collede o móbil e... a escribir (podedes poñer o teclado en maiúsculas se eles/as o prefiren).

  • Tamén vos deixamos unhas actividades interactivas (podénas facer directamente no móbil). Teñen diferentes niveis de dificultade: as primeiras son máis sinxelas (composición de palabras, recoñecemento de palabras e vogais) e a última ten maior dificultade (T ou R). Na esquina inferior dereita de cada actividade hai un botón para poñelas a pantalla completa.

 

PARA MOVERSE

 

Pincha aquí para ver o taboleiro a tamaño completo.

Para poder xogar só necesitades un dado (de non telo, podédelo elaborar). Podedes empregar o taboleiro da oca tradicional e ir mirando o que toca en cada círculo ou facer unha recta numérica ata o 63 e ir poñendo encima unha ficha/pedriña/tapón para non perderse.

Moito ánimo!



blog | by Dr. Radut