Proxecto Documental Integrado

O Proxecto Documental Integrado deste curso 2023 foi a Primeira circunnavegación de Magallanes Elcano.

Para comezar as actividades todo o centro visionou a película de debuxos animados sobre la navegación.

Logo os alumnos de 3 anos e os de 6º de Primaria ( os máis pequenos e os maiores) realizaron coordinadamente o planisferio co percorrido polos navegantes Magallanes Elcano.

PDI. PRIMEIRA CIRCUNNAVEGACIÓN DE MAGALLANES ELCANO

Na semana do 6 ao 10 de febreiro as alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria puidemos desfrutar dun obradoiro de ciencia relacionado co tema do noso PDI: a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. Aprendemos, entre outras cousas, cal é a composición do noso planeta e como son os dous movemento que fai: rotación e translación. Vimos dun xeitto práctico, como se orixinan as estacións e por que a Lúa sempre nos esconde unha cara.

Tamén aprendemos unha cousa asombrosa: as representacións planas da Terra non reflicten o tamaño real dos continentes. A que non o sabiades?

CIENCIA EN MOVEMENTO 3º-4º

Os alumnos de 5º seguindo coa temática de respecto ao medio ambiente realizaron unha cociña solar na aula. Despois engadiron algúns alimentos para que se cociñaran. Aquí temos unha imaxes.

A  COCIÑA SOLAR DE 5º

O alumnado de 4ºEP, xunto coas súas titoras, creou un videoclip como produto final do PDI SOS TERRA. Na canción que inventamos  á xente a coidar do medio ambiente aplicando, especialmente, a regra básica de REDUCIR O CONSUMO.

No tema que inventamos, tentamos facer ver á xente que é imprescindible reducir o consumo para parar os danos que lle estamos provocando ao noso planeta. Así, deixando de gastar, produciremos menos residuos e combateremos problemas tan serios como o quecemento global e o cambio climático.

DEIXA DE GASTAR!

O mércores 9 de febreiro, o alumnado de cuarto acudiu á biblioteca do cole para participar nas actividades da exposición itinerante Ciencia en Movemento.

Ciencia en movemento - 4ºEP
Distribuir contido