Proxecto Documental Integrado

Este xoves 16 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria tivemos a oportunidade de escoitar a un antigo e afamado ex-alumno: Lino López.

O entrenador do Universitario Ferrol falounos do seu traballo pero tamén da súa carreira como xogador de baloncesto. Ademáis, algunhas das xogadoras do equipo viñeron para contarnos moitas cousas sobre este deporte, como e cantas horas entrenan...

Fixemos un montón de preguntas sobre baloncesto, pero tamén sobre como era o noso cole cando Lino estudiaba nel.

CHARLA LINO LÓPEZ

O pasado 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participamos nunha actividade enmarcada dentro do PDI:  "VIRXE DO MAR, 50 ANOS APRENDENDO A PENSAR"

Dita actividade consistiu na visita dun antigo alumno do noso centro: Manuel Vivero.

Avogado, pintor, escultor... este polifacético ex-alumno contounos moitas cousas do seu presente e do seu pasado. Foi un auténtico placer escoitalo!

CHARLA MANUEL VIVERO

Este venres os alumnos de 3º A e 3ºB realizaron un obradoiro de bicicletas.

Primeiro houbo unha pequena explicación do que temos que poñer para ir seguros.

Tamén realizamos preguntas.

OBRADOIRO DE BICICLETAS 3ºA e 3ºB

1º Día do movemento. Unha iniciativa para promover hábitos saudables no noso alumnado

 

1º Día do Movemento

O alumnado e as profes de 3ºEP realizamos unha visita ao Museo de Belas Artes como actividade motivadora do PDI "UN CURSO CON ARTE", dentro do cal traballaremos sobre a figura de Andy Warhol e a corrente artística da que foi precursor e máximo representante: o POP ART.

Actividade motivadora 3ºEP-Visita ao Museo de Belas Artes

Seguindo coas actividades do PDI "Un curso con arte", levamos a cabo a experiencia de crear obras pictóricas inspiradas na audición de música clásica ou folk galega.

Podedes ver un vídeo-resumo desta experiencia clicando na imaxe.

NADAL MUSICAL
Distribuir contido